lunes, 6 de noviembre de 2017

Obradoiro de pintura 4 de novembro de 2017




O pasado sábado celebramos o obradoiro de pintura do mes de novembro, onde fextexamos o Samaín facendo esqueletos con bastoncillos, morcegos con material de refugallo e boches de cabaza. Ademais, a nosa merenda foi terrorífica. Pasámolo tan ben que xa estamos desexando que chegue o seguinte! Non o perdas!

jueves, 2 de noviembre de 2017

Obradoiro de pintura novembro 2017: "Samaín"





O Samaín chega a ASPANEMI o 4 de novembro 17:00 a 20:00 horas  (local 3 do Local Social da SolainaNarón). Ven a pasalo de medo!

Os nenos e nenas que participen poderán desfrutar dunha festa de disfraces na que se farán actividades totalmente lúdicas baseadas na realización de diferentes actividades plásticas relacionadas co Samaín, como son a elaboración de broches de cabazas e colgantes de morcegos ou a recreación dun esqueleto. Logo, participarán en diferentes dinámicas e xogos de grupo. Ó rematar, reporán forzas cunha merenda temática.


Lembrar que esta actividade está dentro do programa de “Respiro familiar”; é dicir, que serve para dar un tempo libre a pais, nais e familiares dos nenos e nenas mentres que estes pasan un bo rato nun espazo plenamente inclusivo; posto que non só se oferta ó colectivo no que se centra a actividade da citada asociación, senón que está aberto a calquera neno e/ou nena da contorna que queira asistir.

miércoles, 11 de octubre de 2017

Obradoiro de pintura mes de outubro 2017


A pasada fin de semana tivemos o noso obradoiro mensual; onde fixemos botellas sensoriais que representaban o mar, elaboramos area artificial e puidemos desfrutar de xogos ó aire libre e dunha estupenda merenda caseira. Pasámolo pipa! Non perdas o seguinte!

jueves, 5 de octubre de 2017

Obradoiro mes de outubro 2017



Ola a todos e todas! Coa chegada de outubro retomamos as nosas actividades habituais, entre as que destacan os obradoiros de pintura. Así que xa sabedes, tedes unha cita este sábado 7 de outubro de 17 a 20 horas no local 3 do Local Social da Solaina (Narón). Esperámosvos!


Os nenos e nenas que participen poderán desfrutar de actividades totalmente lúdicas baseadas na realización de diferentes actividades sensoriais, como son a recreación do mar nunha botella e a elaboración de area artificial. Logo, participarán en diferentes dinámicas de grupo. Ó rematar, reporán forzas merendando.

Lembrar que esta actividade está dentro do programa de “Respiro familiar”; é dicir, que serve para dar un tempo libre a pais, nais e familiares dos nenos e nenas mentres que estes pasan un bo rato nun espazo plenamente inclusivo; posto que non só se oferta ó colectivo no que se centra a actividade da citada asociación, senón que está aberto a calquera neno e/ou nena que queira asistir.

viernes, 28 de julio de 2017

Pechado por vacacións.



Ola a todos e todas! Despois dun intenso curso, tomamos vacacións para descansar e coller forzas para o seguinte. Así que vémonos á volta (30 de agosto)! Ata esa data para calqueira consulta podedes escribir a: aspanemi@gmail.com

lunes, 5 de junio de 2017

III Milla mariña atlética "Correr en compañía" 03.06.17





Din que "paso a paso faise o camiño" e en ASPANEMI tomámolo moi en conta. Por iso, o sábado dimos un moi grande cara a inclusión: corrimos na II Milla Mariña atlética "Correr en compañía", organizada polo colexio Compañía de María e a asociación Teima; e resultamos premiados pola deportividade amosada na proba. Moitas grazas por este recoñecemento, danos máis motivación para seguer correndo, andando ou rodando, pero sempre cara diante!

Resumo do obradoiro de pintura mes de xuño 2017




O pasado sábado 3 de xuño tivo lugar o noso obradoiro mensual de pintura; onde realizamos mosaicos e  figuras de papiroflexia, e, como traballamos moito en moi pouco, deunos tempo a facer globoflexia e a xogar un montón! Ós que viñéchedes e ós que non, esperámosvos no próximo!