sábado, 21 de diciembre de 2013

"Prazas Vivas- Cabalgata Solidaria"


¡¡ FAGAMOS UN NADAL CREATIVO!!
Achegámos información sobre:

 "Prazas Vivas - Cabalgata Solidaria" Narón (decembro 2013 - xaneiro 2014) 
 
 
 
 



martes, 17 de diciembre de 2013

Saída á neve - Esquí adaptado


ULTIMOS DÍAs PARA RESERVAR NO  ESQUÍ ADAPTADO


Como xa sabedes, AS.PA.NE.MI. está a organizar unha nova viaxe á estación de esquí de San Isidro, en León. O que se pretende con esta viaxe e que as persoas que sofren algún tipo de discapacidade poidan experimentar o que se sinte esquiando e que coñezan un entorno diferente, xunto as súas familias.
Recordámosvos o presuposto e data para a actividade de esquí adaptado en San Isidro.


                    (OBLIGATORIO CERTIFICACIÓN MÉDICA DE PODER ASISTIR A ACTIVIDADE)

DATAS: Saída o 24/01/2014 ás 16:00 h. detrás do antigo concello de NarónVolta o 26/01/2014 as 16:00 - 16:30 dende San Isidro.

PRESUPOSTO:
- Viaxe de Narón a San Isidro, en autobús adaptado, ida e volta 40€/per. 
¡¡¡socios gratis!!!
- Estanza con almorzo, comida e cea (inclúe almorzo e comida do domingo) no albergue de FELECHOSA52€/per. 
¡¡¡nenos de menos de 4 anos gratis!!!.  No albergue estaremos aloxados en habitacións de 4-6 persoas con baño na habitación. Non temos que levar saco de durmir, pero sí toalla.

EN RESUMO; VIAXE E ESTANZA CON COMIDA:
Socios: 52 €/per.
Non Socios: 92€/per.

ALUGUER DE EQUIPAMENTO* (esquís, táboa de snow, botas, etc.):10€/pers/día. Os interesados tedes que sinalar a vosa talla, peso e núemro de pé.
Atención! Non alúgase a roupa! Deberedes levar prendas de abrigo e impermeables
* tamén equipamento adaptado

PARA OS QUE ESTEAN INTERESADOS EN CLASES:
- Clase única (individual): 28 €/per.
- Clase en grupo (mín. 4 persoas): 7 €/per.

ANIMÁDEVOS!  PASARÉMOLO MOI BEN!
Necesitaremos o voso nome completo, DNI e data de nacemento

Se non podedes participar desta vez, 
convocámosvos á próxima saída que terá lugar do 21 ao 23 de Marzo


martes, 3 de diciembre de 2013


VOLUNTARIOS PARA A CAMPAÑA

                    DE ALBA A PROMESA

¡¡¡¡¡¡URXENTE!!!!!   

¡¡¡¡ PRECISAMOS VOLUNTARIOS!!!!

Este MÉRCORES  o redor das 11:00 h. da mañá chega o trailer para levar os tapóns da campaña de "Alba a Promesa" da nave de Amenadás, onde se almacena os tapóns de todos os colaboradores da campaña, á planta de reciclaxe.
 
Buscamos xente para formar unha cadea humana para meter as sacas de tapóns no trailer. ¡¡É POR UNHA BOA CAUSA!!!  ¡¡¡ANIMÁDEVOS!!!

 
Se queredes ser voluntarios contactade con nós a través do teléfono: 981 946 319, e-mail: aspanemi@gmail.com ou directamente no noso Facebook. ¡¡GRAZAS!!  
 
¡¡¡SEGUIDE XUNTANDO TAPÓNS!!! 

 

sábado, 2 de noviembre de 2013

TEATRO


COMPAÑÍA TEATRAL “ART-EIXO” E COGAMI   PRESENTAN
 
                    “CONTOS ENFIADOS" 

 
Ø  Día:  Sábado 9 de novembro ás 19:00 
 
Ø  Lugar:  Teatro Jofre de Ferrol
 
ü  Entrada de balde “ Proxecto iniciativa de INDITEX”, no que participan traballadores da firma e usuarios de COGAMI.

SINOPSE

Os avós ocúpanse de coidar á súa neta mentres o papá traballa. A neta, Alicia, xoga e xoga sen parar coa súa videoconsola, pero de súpeto, vaise a luz. Parece que non hai solución posible para este gran drama. E agora que facemos?.

Contos Enfiados, fálanos da aventura que vive Alicia ao descubrir os contos clásicos que quedaran esquecidos no faiado dos seus avós. A ilusión da nena axudará a que o espectador redescubra o encanto e a maxia que desprenden os contos de sempre. 

Os interesados en asistir poden recoller as entradas en:

 
COGAMI FERROL

R/ Sánchez Calviño nº 56-58 Baixo

Teléfono: 981 32 55 68

TEATRO JOFRE

De martes a venres de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 hs.

 
Os días de función :

à Mañá : de 11:00 a 13:00 hs.

à Tarde: dúas horas e media antes do comezo do espectáculo.

à Sábados, domingos e festivos de función o mesmo horario.

    Teléfono 981 94 42 45

martes, 17 de septiembre de 2013

Curso C.Narón: Coidando a Coidadora


OBRADOIRO "COIDANDO A COIDADORA"


Informámosvos do curso “Coidando a Coidadora”, incluido no II Plan de Igualdade do Concello de Narón.

Tratase de un obradoiro de atención e reforzo psicolóxico para coidadoras NON PROFESIONAIS de persoas dependentes. Con límite de prazas de 15 persoas, desenvolvéndose as sesións os venres de 18:30 horas a 20:30 horas no centro comunitario das Casas da Mariña.

As clases estarán dirixidas por unha psicóloga, e basearanse nun modelo de atención psicolóxica que supón a intervención grupal directa das mulleres.

OBXECTIVOS:
- Mellorar a calidade de vida das coidadoras de persoas dependentes.
- Desenvolver e potenciar as relacións sociais.
- Mellorar a autoestima e, por conseguinte, o seu estado de ánimo.
- Combater a soidade.
- Manexar as emocións conflictivas xurdidas froito do coidado da persoa.

INSCRIPCIÓNS: No servizo Sociocomunitario Municipal (1º andar do Concello). Máis información contactar no teléfono 981 33 77 00 (extensión 1113)

Para máis información podedes contactar con nos, a través do noso email: aspanemi@gmail.com; teléfono: 981.946.319, Blog ou na nosa páxina de FACEBOOK



viernes, 6 de septiembre de 2013

Info: Campaña Alba La Promesa

GALA BENÉFICA 

"TODOS CON ALBA LA PROMESA"



INFORMÁMOSVOS da GALA BENÉFICA "TODOS CON ALBA LA PROMESA", un evento moi especial organizado polos familiares da rapaza coa colaboración de un gran número de ARTISTAS como; RAMIL, DANI RÍOS, YHADIRA E HUGO, LOLI NOGUEIRA e moitos máis.


Prezo da entrada é todo un regalo só 5 €, para pasar unha noite do 14 de setembro FANTÁSTICA!!!!!.

¡¡¡¡¡TODOS CON ALBA AO RITMO DA BOA MÚSICA!!!!! 

VENDA DE ENTRADAS NO AUDITORIO DE NARÓN.
Máis información no Facebook de ALBA LA PROMESA.

miércoles, 4 de septiembre de 2013

Axudas Escolares Curso 2013-2014


AXUDAS ALUMNADO CON NECESIDADES DE APOIO EDUCATIVO


Informámosvos da convocatoria das axudas para ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO para o curso académico 2013-2014. ¡¡¡Tendes de data máxima de presentación ata o 30 de Setembro!!!




Recordade que a máis disto tendes vixentes as AXUDAS PARA LIBROS ESCOLARES para os seguintes casos:
  • Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2013, ambos inclusive.
  • Para as novas incorporacións de alumnado que se produzcan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados, ata o 31 de marzo de 2014.
  • No resto de casos a convocatoria xa está pechada.



martes, 3 de septiembre de 2013

Comezo de Curso 2013-2014


AS.PA.NE.MI 

RETOMA A SÚA ACTIVIDADE


Deixamos atrás o periodo vacacional e damos comezo a un novo curso composto polas seguintes actividades fixas:

- Aula de intervención e rehabilitación Cognitiva; comeza a segunda semana de setembro.

- Atención Familiar.
- Escola de Pais.
- Aquaterapia.
- Hipoterapia.
- Taller de Pintura e respiro familiar.
- Colaboración coa Campaña de recollida de Tapóns "Alba la Promesa"

Irémosvos informando das actividades adicionais ó longo do ano, no noso facebook, blog e na propia asociación. 


Se precisades máis información podedes contactar con nós a través do noso correo: aspanemi@gmail.com; Tlf.: 981946319; blog ou páxina de facebook.


miércoles, 31 de julio de 2013

Agosto: Pechado por vacacións

VACACIÓNS DE VERÁN

 EN ASPANEMI


INFORMAMOS OS NOSOS USUARIOS de que ASPANEMI pecha as súas portas durante o mes de AGOSTO, con motivo das VACACIÓNS DE VERÁN.

Retomaremos a actividade normal da asociación o luns 2 de setembro. Onde dará comezo o novo curso composto polasseguintes actividades fixas:
  • Aula de intervención e rehabilitación Cognitiva.
  • Escola de Pais.
  • Aquaterapia.
  • Hipoterapia.
  • Taller de Pintura e respiro familiar.
  • Colaboración coa Campaña de recollida de Tapóns "Alba la Promesa"
(e irémosvos informando das posibles actividades adicionais a lo largo de devandito mes)

Recordarvos tamén que durante este mes de agosto podedes deixar os TAPÓNS nos puntos de recollida habitual, e no caixón que deixamos habilitado a tal efecto a entrada do noso local.



Para máis información das actividades para o vindeiro curso, podedes contactar con nós a través do seguinte correo-e: aspanemi@gmail.com
ou da nosa páxina de facebook

martes, 30 de julio de 2013

Aviso: Prazas Libres Campamentos XUNTA


PRAZAS LIBRES NOS CAMPAMENTOS DA

 XUNTA


Informamos da DISPOÑIBILIDADE DE PRAZAS LIBRES (dispoñen de 8 prazas libres dun total de 20), para aquelas persoas que desexen ir  ao Campamento Xuvenil Portomaril en Forcarei. Axúntase  folleto informativo.

Os requisitos, entre outra información, está disponible no folleto que se achega; a idade é de 11 a 18 anos con Discapacidade (física, intelectual, sensorial); se ten 18 anos algunha persoa que queira ir, sempre e cando non cumpra os 19 antes ou durante o desenvolvemento do campamento.

A quenda comeza este xoves día 1 de agosto e dura ata o 8A persoa de contacto na Xunta para poñerse en contacto é Carmen (Traballadora Social): 981547437.

¡¡¡¡NOTA IMPORTANTE!!!! Queremos recalcar que nunha convocatoria máis os Campamentos que propuxo a Xunta para rapaces con discapacidade superior o 33 % teñen GRAVES CARENCIAS DE ADAPTACIÓN. Na súa totalidade non hai accesos para os rapaces/as en cadeira de rodas, os cales quedan excluidos por falta de adaptación nas instalacións correspondentes os diversos campamentos, e máis destacable no CAMPAMENTO XUVENIL PORTOMARIL de MOI BAIXA ACCESIBILIDADE. Só poden ir os campamentos xoves con tipos de discapacidade que lles permita ter unha autonomía persoal plena. 


Por iso recomendamos os interesados que se informen ben antes de inscribirse, para ver si os seus fillos se ADAPTAN os campamentos da XUNTA.


Accidente Ferroviario en Galicia


LUTO EN GALICIA


Xusto cando Galicia estaba a punto de celebrar tranquila un ano máis os seus lumes do Apóstolo coloreando a fachada da catedral e o seu día grande, un tren saíuse da vía e da vida.

Dende ASPANEMI queremos mostrar o noso apoio e máis sentido pésame as familias dos falecidos e os nosos mellores desexos os feridos do tráxico accidente ferroviario do pasado 24 de Xullo en Santiago de Compostela.










lunes, 15 de julio de 2013

Nota Informativa: Axudas Comedores Escolares

AXUDAS COMEDORES ESCOLARES 2013-2014


Informámosvos de que saíron as axudas para os comedores escolares do próximo curso 2013-2014.


CONCELLO DE FERROL: Saíu a axuda este sábado 13 de Xullo, polo que tedes 30 días naturais para solicitala, as bases da axuda están dispoñibles no Rexistro Municipal e en cada unha das Unidades Básicas do Concello. Para máis información podedes chamar a Servizos Socias do Concello: 981 944 273

CONCELLO DE NARÓN: O concello xa non leva as axudas dos comedores escolares, tedes que remitirvos á Xunta ou ás propias ANPAS para estes temas. A XUNTA asumiu a xestión de comedor para 220 usuarios dos CEIP A SolainaA Gándara, Virxe do Mar e do Feal.

Déixovos os números de Tlf. da Xunta e das ANPAS:

  • Xestión de Comedor da XUNTA: 981 545 473
  • ANPA dá Solaina: 981 397 737 / anpaasolaina@yahoo.es
  • ANPA A Gándara: 669 514 834 (horario mañás de 09:00 -09:30 / tardes de luns a xoves de 17:00-18:00 h.)
  • ANPA Virxe do Mar: 627 490 443 (Presidenta: Asis)
  • ANPA do Feal: 664 478 101 (Presidente: Salvador Basoa).
CONCELLO DE NEDA: O igual que o Concello de Narón ocúpase a Xunta da xestión de comedores, pero falta por especificar que colexios terán esta axuda. Máis información en Xestión de Comedor da Xunta: 981 545 473 ou nas ANPAS dos propios colexios.

IMPORTANTE! : Deixámosvos para que a consultedes a ORDE de 27 de xunio de 2013 pola que se establecen as bases e se convocan as axudas destinadas a cofinanciación dos servizos de comedor escolar  xestionados polas ANPAS.







viernes, 12 de julio de 2013

Fotos Bautismo de Mar

BAUTISMO DE MAR
PROGRAMA DE LECER NÁUTICO



Como xa sabedes a semana pasada, varias das nosas familias foron a realizar o seu "Bautísmo de Mar", trátouse dunha actividade, que realizamos a través da Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI), na que os nosos rapaces xunto coa súa familia fixeron unha viaxe en barco pola ría de Ferrol a bordo do velero Laión, un barco completamente adaptado.
O veleiro Laión navegou durante os meses de xuño e xullo pola costa levando a bordo usuarios de entidades que forman parte de Cogami. Preto de 200 persoas (das cales  12 foron de ASPANEMI) puideron experimentar a sensación de ir a vela durante este ano, un deporte que non sempre é accesible ao noso colectivo, tanto polas barreiras arquitectónicas que poida haber nas embarcacións coma polas barreiras económicas da propia actividade.



¡¡UNHA EXPERIENCIA INOLVIDABLE PARA AS NOSAS FAMILIAS DE GRUMETES!!

Nota Informativa: Axudas 2013


AXUDAS PARA RESIDENCIAS XUVENÍS


Informámosvos de que sairon as axudas para Residencias Xuvenís, para aqueles rapaces ou rapazas (con ou sen discapacidade) que cursan estudios de bacharelato, formación profesional ou estudos universitarios.

Convócanse para o curso académico 2013/2014, en réxime de concorrencia competitiva 225 prazas para mozos e mozas (de 16 a 30 anos) nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

Con esta oferta póñense as residencias xuvenís ao servizo da xuventude que, por razóns de estudo ou traballo, se vexan obrigados a permanecer fóra do concello ou provincia onde ten a súa residencia familiar.

Do total de prazas resérvase un 9 % para mozos e mozas que desempeñen unha actividade estatutaria, funcionarial ou laboral, tanto se é por conta propia como allea.

O prazo de estanza máxima e de 11 meses, do 1 de setembro a o 31 de Xullo de 2013 . Deixámosvos o link para que consultedes as bases.





martes, 2 de julio de 2013

Xullo 2013: Programa de Lecer Náutico (COGAMI)


BAUTISMO DE MAR
PROGRAMA DE LECER NÁUTICO

Trátase dunha viaxe en barco percorrendo a ría de Ferrol, e que nos facilita COGAMI a través do seu programa de LECER NÁUTICO, no barco irán 8 usuarios de AS.PA.NE.MI. Se realizará este XOVES día 4 de XULLO en horario de tarde de 16:00 a 19:00 h. 

RECORDAMOS os nosos usuarios que teñen que estar as 15:45 na OFICINA DE TURISMO do PORTO DE FERROL, para organizar a actividade.


Recomendacións: É necesario que levedes roupa e calzado cómodo, así como bañador, toalla, gorra,... por si fai bo día e roupa de abrigo e chuvasqueiro por si refresca o tempo, así como unha muda para cambiarvos ao remate da actividade. Tamén debedes levar crema de protección solar e recomendamos BIODRAMINA para previr os posibles mareos e gozar da navegación. Non se recomenda inxerir demasiados líquidos antes da actividade.

Se queredes saber máis da actividade podedes contactar con nos a través do noso Tlf: 981 946 319, correo-e:aspanemi@gmail.comBlog ou perfil de Facebook.


viernes, 28 de junio de 2013

Horario de Verán

AVISO IMPORTANTE
HORARIO MES DE XULLO


O vindeiro luns 1 de Xullo comezamos co noso horario de verán, de 08:00 h. a 14:00 h.

Recordade que continuamos coa nosa aula de intervención e rehabilitación e coa atención familiar durante todo este mes.


Para calqueira dúbida contactade con nós a traves do noso BlogFacebook, e-mail: aspanemi@gmail.com ou Tlf.: 981 946 319.


miércoles, 26 de junio de 2013

Información Axudas

NOTA INFORMATIVA

AXUDA NO FOGAR e AXUDAS MAPFRE



Informámosvos da Aprobación inicial da ordenanza Municipal do SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR do Concello de Ferrol, podedes informarvos no número 118 do Boletín Oficial da Provincia.

Deixámosvos a continuación o link correspondente para que llevotedes unha ollada:






Fundación MAPFRE, lanza un Programa de Axudas de cara á adquisición de libros e material escolar para alumnos de primaria e secundaria de toda España.

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o día 30 de xuño de 2013.


As bases e formulario poden consultarse en www.fundacionmapfre.org. A presentación de solicitudes haberá de facerse a través da devandita páxina web.