jueves, 28 de febrero de 2013

Día Mundial das Enfermidades Raras 2013.


28 DE FEBREIRO DÍA MUNDIAL DAS ENFERMIDADES RARAS


Día Mundial das Enfermidades Raras (World Rare Disease Day) celébrase todos os anos o 28 de Febreiro. A idea é sensibilizar á sociedade e ás institucións nacionais e internacionais sobre estas enfermidades, e concienciar sobre a situación especial que viven os afectados.

Polo xeral estas enfermidades considéranse orfas e pouco coñecidas; son insuficientes os recursos que se destinan á investigación, o que resulta en opcións limitadas de tratamento e cura. Por se fose pouco, xeralmente o seu diagnóstico temperán é sumamente difícil, pois os síntomas adoitan ser confusos.

Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), unha enfermidade é rara cando presenta unha frecuencia igual ou menor a un caso por cada 100.000 persoas. Presúmese que existen na actualidade preto de 7.000 enfermidades raras, a maioría de orixe xenética, aínda que tamén existen infecciosas ou dexenerativasMoitas delas implican risco de morte ou incapacidade crónica e non contan con tratamento ningún, debido a falta de coñecemento científico e información de calidade sobre estas enfermidades, sumada a que os síntomas das enfermidades raras poden ser similares aos doutras máis frecuentes, polo que o diagnóstico acertado e o tratamento axeitado se demoran anos na maioría dos casos, aumentando a inquietude nos pacientes e os seus familiares e xerando importantes efectos financeiros e sociais.

Dende 
AS.PA.NE.MI.queremos brindar o noso apoio a todas aquelas persoas que sofren este tipo de enfermidades e a todas aquelas familias que conviven día a día con elas.


Deixámosvos aquí unha noticia sobre o Instituto Biomédico de Investigación de Vigo  (IBIV) que está a facer o primeiro rexistro de Galicia de Enfermidades Raras.


martes, 26 de febrero de 2013

Xornadas Migración

I XORNADA DE COOPERACIÓN, PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INTERCULTURALIDADE.


Achegámosvos información da I Xornada de Migración que se vai a celebrar este venres 1 de marzo a partir das 17,00 horas na biblioteca municipal e no seu exterior (carpas na rúa con degustación de pratos típicos).

É un evento organizado pola Asociación Rumiñahui, no que colabora o Concello de Narón e numerosas entidades veciñais; persigue a promoción da interculturalidade, atopando un espazo común (de debate, gastronómico, de música e baile).


¡¡¡Animarvos!!! Máis info na "Escuela de Participación Cidadá".

Escola activa de participación cidadá e política
Casa da cultura, baixo. Praza de Galicia, s/n. 15570 Narón
Horario: luns a venres de 10,30 a 13,30 horas e tardes dos luns de 16,30 a 19,30 horas
981.337.700 Ext. 1141 / 607.895.706


Escola de Pais: Marzo 2013.














O vindeiro martes 5 de Marzo as 20:00 horas no noso local, levarase a cabo unha nova sesión da nosa "ESCOLA DE PAIS". Acabaremos o noso ciclo de INTELIXENCIA EMOCIONAL:
  • - Fillos con discapacidade: complexos e emocións.
  • - Control do estrés familiar.
  • - Relaxación en familia e emocións positivas.

Cara o final da sesión manterase unha dinámica de diálogo e participación común, para que os participantes teñan un espazo para a reflexión.

E para abrir boca deixámosvos un video do "poder das emocións positivas" pertencente o programa REDES.



¡¡¡¡ANIMARVOS!!!! 

Para máis información contactar con nós: Tlf: 981 94 63 19 // E-mail: aspanemi@gmail.com ou o noso Facebook.


lunes, 18 de febrero de 2013

Aula Rehabilitación Neurocognitiva 2012-2013


AULA DE REHABILITACIÓN NEUROCOGNITIVA
(PROGRAMA DE APOIO FAMILIAR)



Informámosvos da nosa AULA DE REHABILITACIÓN NEUROCOGNITIVA, unha das actividades máis importantes dentro do noso Programa de APOIO FAMILIAR, e que se leva a cabo o longo de todo o ano en horario de tarde de luns a venres:

Trátase dun proceso terapéutico cuxa finalidade é mellorar, recuperar ou preservar as funcións cognitivas en persoas que sofren alteracións cerebrais e patoloxías que afectan as súas capacidades cognitivas (atención, memoria, pensamento, comunicación e comprensión da linguaxe, aprendizaxe, concentración, cálculo, razoamento, percepción, resolución de problemas, control conductual…).

Mediante dita rehabilitación cognitiva o que conseguimos e incrementar a capacidade intelectual ao máximo das súas posibilidades e mellorar a adaptación familiar, escolar e social.


Se queren saber máis sobre esta actividade poden contactar con nós a través:
Do propio Blog, do tlf.: 981 94 63 19, correo-e: aspanemi@gmail.com ou no noso facebook.


Pinchando aquí podedes ver un vídeo explicativo do que é a Rehabilitación Neurocognitiva (coñecida tamén como "rehabilitación neuropsicolóxica").




jueves, 14 de febrero de 2013

Aquaterapia 2012-2013


AQUATERAPIA EN AS.PA.NE.MI.



O proxecto de AQUATERAPIA está subvencionado pola Deputación de A Coruña e realízase en Termaria Casa da Auga en A Coruña.

Trátase de actividades monitorizadas cos nenos e os seus pais, do que se benefician un grupo formado por 25 persoas da Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía (ASPANEMI), sendo estas a metade pais e a outra metade fillos, os cales acoden todos os venres do mes á sesións de aquoterapia a Termaria Casa da auga de A Coruña.

Este programa de natación terapéutica é posible co apoio económico que lle brinda a Deputación  de A Coruña á Federación COGAMI-Coruña a través do denominado "PROGRAMA DE PROMOCIÓN DA SAÚDE 2012 -2013”, que ten como finalidade unha atención especializada para que non se produzan retrocesos no estado da discapacidade dos menores debido á falta de atención.

A aquoterapia desenvólvese a través de actividades monitorizadas nun dos complexos de talasoterapia (auga de mar a temperatura do corpo) máis destacados de Galicia. Os exercicios e xogos dentro da auga favorecen a relaxación a nivel psicolóxico e muscular, co que tamén se mellora a mobilidade e a autonomía.

Algúns dos tratamentos que reciben os rapaces son actividades dentro dunha piscina de auga mariña quente completamente adaptada, onde existen tamén camas de hidromasaxe, prediluvio, zona de relaxación con infravermellos, etc.

Con este tipo de tratamentos coa auga, preténdese que os nenos e nenas poidan relaxarse, mellorar a autoestima, fortalecer o ton muscular previndo as lesións, mellorar a postura corporal, aumentar a capacidade pulmonar e fortalecer o sistema cardiovascular, entre outras cualidades positivas.

O programa, que se iniciou no mes de outubro e que vai durar ata o mes de maio, conta tamén con sesións de fisioterapia individualizada de dous nenos distintos ao remate da actividade na piscina para favorecer a súa postura e ton muscular.





Entrevista na Radio Galega



ENTREVISTA A MONTSE FRAGA 

(PRESIDENTA DE AS.PA.NE.MI.)




Aquí vos deixamos a entrevista a Montse Fraga, presidenta de AS.PA.NE.MI. no programa "Convivir en Igualdade" da Radio Galega, do pasado luns 11 de Febreiro. Para aqueles que non o coñezan tratase dun programa diario de carácter divulgativo e de contido social conducido por Clara de Saá, onde se fala de temas relacionados con discapacidades, adopcións ou acollemento familiar. 


A entrevista versou sobre dúas das nosas actividades terapéuticas e de tempo libre; aquaterapia e esquí adaptado.

Se queredes saber máis da nosa ampla oferta de servizos, non dubides informarvos no noso Facebook, blog ou persoalmente vía e-mail: aspanemi@gmail.com e Tlf: 981 94 63 19.







jueves, 7 de febrero de 2013

Esquí Adaptado - Convenio Concello Narón 2013 (actividade cofinanciada polo Concello de Narón)


NOVA VIAXE DE ESQUÍ ADAPTADO E FAMILIAR


Como xa sabedes, AS.PA.NE.MI. está a organizar unha nova viaxe á estación de esquí de San Isidro, en León. O que se pretende con esta viaxe e que as persoas que sofren algún tipo de discapacidade poidan experimentar o que se sinte esquiando e que coñezan un entorno diferente, xunto as súas familias.

Recordámosvos o presuposto e data para a actividade de esquí adaptado en San Isidro.

(OBLIGATORIO CERTIFICACIÓN MÉDICA DE PODER ASISTIR A ACTIVIDADE)

DATAS: Saída o 22/03/2013 ás 16:00 h. detrás do antigo concello de NarónVolta o 24/03/2013 as 16:00 - 16:30 dende San Isidro.

PRESUPOSTO:
- Viaxe de Narón a San Isidro, en autobús adaptado, ida e volta 40€/per. ¡¡¡socios gratis!!!
- Estanza con almorzo, comida e cea (inclúe almorzo e comida do domingo) no albergue de FELECHOSA50€/per. ¡¡¡nenos de menos de 4 anos gratis!!!



EN RESUMO; VIAXE E ESTANZA CON COMIDA:
Socios: 50 €/per.
Non Socios: 90€/per.
A máis disto os NON SOCIOS QUE ESQUIEN terían que aboar 12 € para un seguro de accidentes, de carácter voluntario. No caso de non querer facelo deben firmar unha renuncia.

PREZOS EN SAN ISIDRO:

PISTAS
medio día - 20€/per.
Debutantes - 15€/per.
Adulto día enteiro - 27€/per.

ALUGUER DE EQUIPAMENTO* (esquís, táboa de snow, botas, etc.):12€/per.
* tamén equipamento adaptado

PARA OS QUE ESTEAN INTERESADOS EN CLASES:
- Clase única (individual): 28 €/per.
- Clase en grupo (mín. 4 persoas): 7 €/per.



PRAZO LÍMITE PARA RESERVAR PRAZA 13 DE FEBREIRO  




O PAGAMENTO DO AUTOBÚS E A ESTANZA HAI QUE FACELO POR ADIANTADO, EN CASO DE RESERVAR E NON ASISTIR NON SE DEVOLVERÁ A PARTE CORRESPONDENTE AO 40% DO ALBERGUE (20 €).










APUNTARVOS PARA VIVIR A NEVE DUNHA FORMA ÚNICA

VAIVOS ENCANTAR!!!!





O Programa de Esquí Adaptado 2013
é unha actividade cofinanciada
polo Concello de Narón no marco do 
Convenio 2013 asinado coa nosa entidade

viernes, 1 de febrero de 2013

Campaña Tapóns Solidarios: "Alba la Promesa"


CAMPAÑA “ALBA LA PROMESA
PUNTOS DE RECOLLIDA DE TAPÓNS



NARÓN
AS.PA.NE.MI. (Colaborador e contacto informativo) Rúa Mercedes Freire Lago, nº 4, Porta F, Santa Icía. Narón.

Nave de Amenadás. (Punto de Almacenaxe) Na Estrada de Cedeira por detrás do Gadis Novo. De luns a venres de 07:30 a 14:30 h.)

Baixos da Casa da Cultura. Praza de Galicia s/n, Narón. De luns a venres de 10,30 a 13,30 horas e tardes dos luns de 16,30 a 19,30 horas.

Colexios e Institutos do Concello de Narón.

Casa Chís. Santa Icía

Bar Alecrín. Santa Icía.

Bar Vagón. Estrada de Castela 568, Piñeiros. Narón.

Pizzería El Sol. O Ponto. Piñeiros, Narón.

Perruquería Martina Sueiras. Estrada de Castela. Piñeiros, Narón

Panadería O Forno da Estrada. Estrada de Castela 422-424. Piñeiros, Narón.


Carnicería Porta. Estrada de Castela 598, Piñeiros, Narón.

Ximnasio Revolution GYM. Alto do Castaño. Velázquez, 28-30, NARON.

AVV. Chafarís. Alto do Castaño. Rúa Tui 16, Baixo.

Panadería Rúa do Foro (detrás do Xulgado de Narón)

Panadería “O Forno da Estrada”. Carretera de Castilla, 422 - Piñeiros, Narón.

Estanco Piñeiros. Estrada de Castela, 525, Narón.

La Rueca. Estrada de Castela, 175, Narón

Prado Marquetería. Estrada de Castela 373, Narón.

Clínica Dental Sonia López. Estrada de Castela 576-580, Narón.

Armería Domingo. Estrada de Castela 982, Narón

Clínica Veterinaria Narón. Estrada de Castela 670-672, Narón 

Froitería Josmer. Estrada de Castela 586, Narón.

Piensos Biona. Plaza de San Roque, Narón.

Cafetería Exedra. Praza do Xulgado, Narón.

Cooperativa o Val.Vila Cornelle, s/n, O Val, Narón.

Mercería Pili. Santa Rita. (O lado do Colexio)

FERROL
Arquitecto Marcide - Novoa Santos. San Pedro (Leixa) s/n, FERROL.
Hospital Naval.  Ferrol.

Cafetería Arquitecto Marcide. Ferrol.

Navantia. C/ Taxonera, s/n, Ferrol

Colexios e Institutos do Concello de Ferrol.

Peluquería Edisa. Alcalde Usero, 77, Ferrol.

Posto “O Forno da Estrada”. Mercado de Caranza, Ferrol.

A Cociña Económica. C/Ruvalcaba, Ferrol.

Alcampo. Pol. Ind. Gándara, s/n, Ferrol.

AKI. Pol. Ind. Gándara, s/n, Ferrol.

Panadería “Puesto de Germán”. Casas Baratas, Ferrol.

Peluquería Saraiba Unisex. C/Iglesia, nº 36, 1º, Ferrol.

Panadería “ A Broa”. Estrada de Castela, 226 B, Ferrol.

Bar o Felgo Casas de Antano. Caranza, Ferrol.

AVV de Ultramar. Calle Sartaña 20, 15404, Ferrol 

NEDA
Ultramarinos Somozas, Avd. Algeciras 81, Neda.

LARAXE-CABANAS
Cooperativa IRIS, Poligono do Vilar do Colo s/n, Laraxe, Cabanas.

Panadería- Ultramarinos Sampayo. C/ Pereiro, 12, Laraxe, Cabanas.

Casa do Concello. R/ de Concello, 3. 15621 Cabanas.

ARES
Biblioteca Municipal de Ares. C/ María, Ares.

Peluquería Estilo. C/ María, Ares.

 MUGARDOS
Intituto de Mugardos. C/ Cristo s/n. Mugardos.

Zapateria Lotri. Mugardos.

Ayuntamiento de Mugardos. Avd. Galicia, 45, Mugardos.

Asociación de Minusválidos de Mugardos, Mugardos centro.

Bar Río Mar O Seixo,  Mugardos Centro.

LUGO
Regalos Alba. C/ Benigno Quiroga Lancara. Lugo.

Frutería Ana. C/ Benigno Quiroga Lancara. Lugo.

Mesón do Neira. c/ Avenida de Valdriz Lancara. Lugo.

Casa Ramón. C/ Lancara. Lugo.


Esquí Adaptado - Convenio Concello Narón 2013 (actividade cofinanciada polo Concello de Narón)


ALGUNHAS FOTOS DA NOSA VIAXE Á NEVE 
(CONVIVENCIA ESQUÍ ADAPTADO E FAMILIAR)


Como cada ano, AS.PA.NE.MI. (Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía) organizou unha nova viaxe de esquí adaptado e familiar, actividade cofinanciada polo Concello de Narón mediante o convenio asinado coa nosa entidade para o ano 2013.
O autobús adaptado que transportou o grupo de 34 persoas que formaron parte desta convivencia,  e que estaba composto por persoas con discapacidade física e intelectual e as súas familias, saíu de Narón o pasado venres 25 de Xaneiro           dirección San Isidro, León  

O que se pretende con esta viaxe (que durou todo un fin de semana) e que as persoas que sofren algún tipo de discapacidade poidan experimentar o que se sinte esquiando e que coñezan un entorno diferente xunto as súas familias, a máis de ser unha actividade que favorece a súa inclusión, posto que neste tipo de convivencias avogamos por integrar as persoas con discapacidade en entornos novos para eles.



A convivencia de Esquí adaptado e familiar, e xa unha cita imprescindible en AS.PA.NE.MI., e forma parte indispensable do Programa de Ocio e tempo libre da entidade. Os usuarios da mesma puideron gozar, de clases particulares de esquí, xogos na neve, aloxamento no Albergue de Felechosa a pensión completa e como non, do goce das pistas da estación de esquí de forma individual ou en grupo. A convivencia xera un clima de compañeirismo, amizade e solidaridade do cal os nenos e os máis maiores vense favorecidos notablemente e do que AS.PA.NE.MI. síntese orgullosa.




  En resumo, pequenos e maiores con ou sen discapacidade...

...Xogaron coa Neve, Bromearon, Riron...

E pasárono XENIAL!!!






O Programa de Esquí Adaptado 2013 é unha actividade cofinanciada polo Concello de Narón no convenio asinado coa nosa asociación para o ano 2013.