miércoles, 29 de mayo de 2013

Campamentos de verán Discapacidade 2013



Deixámosvos aquí a seguinte información de interese sobre os CAMPAMENTOS DE VERÁN PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE (superior o 33 %):

1. CONVOCATORIA:
  • Campamentos xuvenís para persoas con discapacidade, organizados pola Xunta de Galicia, o prazo estará aberto dende o 27 de maio ata o 15 de xuño. Poderedes atopar a información no seguinte enlace:
Nel tendes toda a documentación necesaria para realizar a petición, tamén vola adxunto con este correo. Recordade que se presenta en rexistro da Xunta de Galicia.

¡¡IMPORTANTE!!: VOTARLLE UN OLLO AS DESCRIPCIÓNS DOS ALBERGUES POSTO QUE TODOS TEÑEN CARENCIAS A NIVEL DE ACCESIBILIDADE. 

2. INFORMACIÓN:
  • Para información xeral pódese dirixir de forma gratuíta ao nº 900 333 666 do Teléfono Social.
  • Para información sobre a xestión do programa, remisión de documentación, valoración de solicitudes e adxudicación de prazas ao Servizo de Prevención da Dependencia da Secretaría xeral de Política Social, teléfonos 981 54 01 37 e 981 54 74 37.
  • Para información sobre as instalacións nas que se desenvolve o programa dirixirse directamente ás propias instalacións ou ao Servizo de Xuventude e Voluntariado da xefatura territorial da provincia na que está ubicada a instalación:
    • A Coruña: Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º - 15008 A Coruña. Telfs: 881 88 12 40 /881 88 12 41 /881 88 12 43 /881 88 12 44.
    • Lugo: Ronda da Muralla, 70, 27001 Lugo. Telfs: 982 29 42 24 /982 29 42 51 /982 29 49 23.
    • Ourense: Avenida Habana, 81, baixo, 32004 Ourense.Telfs: 988 38 61 20 /988 38 61 16 /988 38 61 15 /988 38 61 18.
    • Vigo: Rúa Concepción Arenal, 8, 1º andar, 36201 Vigo. Telfs: 986 81 70 78 /986 81 77 81 /986 81 76 56.
  • Para información sobre as actividades desenvolvidas en cada destino, no caso das prazas de integración serian as mesmas referencias do apartado anterior e para as prazas específicas tamén ás propias instalacións ou ao Servizo de Prevención da Dependencia da Secretaría xeral de Política Social. Telfs: 981 54 01 37 e 981 54 74 37.




lunes, 27 de mayo de 2013

Carreira Escolar "Ensanche A"


CARREIRA ESCOLAR "PAIS E FILLOS" 
AVV. ENSANCHE A FERROL

Onte, domingo día 26 de Maio, celebrouse a VII Carreira Escolar "Ensanche A", que se levou a cabo nas proximidades do centro Cultural Carvalho Calero, na praza do inferniño. A redor desta inciativa congregáronse un millar de nenos e pais, entre os que se atopaban algúns dos nosos usuarios, para participar nas probas matutinas que organizaron con excelencia a Avv. do Ensanche A de Ferrol. 



Os tres primeiros de cada proba recibiron unha copa, e para todos, medallas, unha bolsa de agasallos e unha mañá inolvidable chea de competición, integración e compañerismo.





Deixámosvos aquí unhas fotos como testemuña do ben que o pasamos.

Podedes ver o álbum completo no noso facebook



Tapóns Solidarios: Campaña Alba la Promesa. Mayo´2013


VOLUNTARIOS PARA A CAMPAÑA DE ALBA A PROMESA


¡¡¡¡PRECISANSE VOLUNTARIOS!!!! Este Xoves o redor das 09:15 h. da mañá chega o Trailer para levar os Tapóns da campaña de "Alba a Promesa" á planta de reciclaxe. 

Buscamos xente para formar unha cadea humana para meter os sacos de tapóns no trailer. ¡¡É POR UNHA BOA CAUSA!!! ¡¡¡ANIMÁDEVOS!!!

Se queredes ser voluntarios contactade con nós a través do tlf: 981 946 319, e-mail: aspanemi@gmail.com ou directamente no noso Facebook

¡¡GRAZAS!!


jueves, 23 de mayo de 2013

Carreira Pais e Fillos 2013


CARREIRA ESCOLAR (PAIS E FILLOS) DA AVV. ENSANCHE A. 


Cómo xa sabedes os nosos amigos da A.VV. Ensanche A de Ferrol, combidounos a participar na Carreira Escolar deste ano 2013.

Recordamos os participantes de AS.PA.NE.MI., que dita carreira se celebrará o vindeiro DOMINGO 26 de MAIO a partir das 11:00 horas da mañá (a proba de biberóns comezará as 12 horas aproximadamente), deixámosvos o final do post o mapa da carreira.

Os usuarios de AS.PA.NE.MI., QUEDAMOS as 10:30 horas no palco de música da praza de enfrente o centro comercial PORTANOVA, para realizar a ENTREGA das camisetas e dorsais correspondentes a cada un dos participantes.

A A.VV. do Ensanche A, informounos de que as probas contarán coa presenza dun servizo de Protección Civil e Policía Municipal no circuito que aparece reflexado no mapa da carreira. Así como non se fan responsables dos danos físicos ou morais que calquera dos participantes poidan sufrir.

E agora o mellor!!!!!: OS PREMIOS!!!!!:
  • CATEGORÍA BIBERÓNS: Todos os participantes serán obsequiados con MEDALLA.
  • RESTO DE CATEGORÍAS: TROFEOS para os 6 primeiros clasificados de cada categoría, masculino e femenino, e MEDALLAS a os quince seguintes clasificados.

¡¡¡IMOS PASALO EN GRANDE!!!

Se queredes saber máis da actividade podedes contactar con nos a través do noso Tlf: 981 946 319, correo-e:aspanemi@gmail.comBlog ou perfil de Facebook.

jueves, 16 de mayo de 2013

Día das Letras Galegas 2013


DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Mañá ASPANEMI permanecerá pechado por festivo, o motivo deste festivo e a celebración do Día das Letras Galegas, que homenaxea neste 2013 o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950-2002), artífice da modernización e a profesionalización do teatro galego e na lingua propia de Galicia, cun estilo crítico no que predomina o sentido do humor, pero con personaxes profundos e á vez próximos. Esta semana os concellos da zona realizarán diversas actividades para disfrutar en familia.

Desexámosvos a todos un

¡¡¡FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!



lunes, 13 de mayo de 2013

Taller de Cans: Respiro Familiar-Maio´13


TERAPIA ASISTIDA CON ANIMAIS EN AS.PA.NE.MI.


O pasado sábado 11 de maio, a actividade de respiro familiar que periodicamente poñemos en marcha dende a AS.PA.NE.MI., e que usualmente consiste nun obradoiro de pintura tivo uns convidados moi especiais; Leo, Quillo e Gea, os cans da asociación ESTÍMULOS (capitaneados polo adestrador canino Pedro Salas), que fixeron  do obradoiro unha actividade todavía máis enriquecedora.

Leváronse a cabo xogos de presentación para estimular os sentidos, como o tacto e o oído por medio do contacto cos animais, xogos colectivos e de psicomotricidade, que divertiron os rapaces participantes na actividade.


O rematar fixéronse xogos e a habitual merendola para todos os convidados.

A vosa dereita vos deixamos a nota de prensa publicada polo Diario de Ferrol o pasado domingo 12 de maio.

Para todos aqueles interesados na asociación estímulos podedes informarvos no seguinte correo electrónico: 
asociacionestimulos@gmail.com

Se queredes saber máis das actividades e programas que pon a vosa disposición AS.PA.NE.MI., podedes contactar con nos a través do noso Tlf: 981 946 319, correo-e: aspanemi@gmail.com, Blog ou perfil de Facebook.



Actividades outras asociacións


GRUPO DIVERSIDADE FUNCIONAL DE FERROL OFERTA CURSOS PARA ESTA TEMPADA PRIMAVERAL

A asociación "Grupo Diversidade Funcional de Ferrol e Comarcas" está a desenvolver unha serie de Obradoiros os lúns nas datas que detallamos a continuación:
  • Resolución de Conflictos, 20 de Maio ás 19:00
  • Habilidades Sociais, 27 de Maio ás 19:00
    • Ámbolos dous impartidos por Mercedes Alonso, Psicóloga
  • Asistencia Persoal, 3 de Xuño ás 17:00
    • Coa participación de Mar Aguirremota, AP, e Patricia López, usuaria
  • Orientación Laboral, 17 de Xuño ás 17:00
    • Impartido por Beatriz Vilariño, Relaciones Laborales
  • Nutrición, data pendente de confirmación
    • Dirixido por Rosa Mª López, Experta en Nutrición e Coach Nutricional
Convidanvos a asistir a todos os interesados nestes temas, tanto persoas con diversidade funcional como doutros colectivos sociais. 

Celebraranse no local social da Asociación, en c/Colón esq. Mendizábal, Bl.4, 

A matrícula é gratuita e se podera expidir certificado de asistencia. 

Para máis información contactar a través de Tlf: 981930544, Mobil: 620485450 ou e-mail:  diversidadefuncionalferrol@hotmail.com







Actividades Concello Maio 2013


PHOTOCALL EN LINGUA GALEGA


Con motivo da conmemoración do Día das letras galegas, que será o vindeiro venres 17 de maio, instalouse hoxe 13 de maio  (en horario de 17:00 a 20:00 horas) na Biblioteca Municipal de Narón, un photocall , no que as persoas que o desexen poderán mostrar o seu apoio á lingua galega, fotografiándose con frases suxestivas sobre o uso do galego en diversos ámbitos e situacións.

Estas fotografías serán colgadas no facebook de "Gústame o galego" ó que se pode acceder tamén a través do enderezo web www.gustame.gl


viernes, 3 de mayo de 2013

Taller de Pintura e Agiliy con Cans: Maio 2013


TALLER DE PINTURA (DÍA DO CAN EN ASPANEMI)


RESPIRO FAMILIAR: O DÍA DO CAN EN ASPANEMI!! (Sábado 11 de Maio ás 17:00 h).

O noso taller de pintura deste mes vai ser MOI ESPECIAL, a Asociación ESTÍMULOS prestouse a colaborar connosco e vainos deleitar cun achegamento ao mundo dos cans, con actividades como:

- xogos colectivos e psicomotricidade con cans.
- Estimulación sensorial.
- E unha mostra de AGÍLITY (librar obstáculos e xogos con misión)

Como de costume é unha actividade lúdica na que os vosos fillos poden entreterse, dando renda solta á súa imaxinación e creatividade, así como relacionándose con outros nenos.

Ao finalizar o taller realizaranse xogos e farase unha merenda para todos os que participen.





Por favor confirmar a vosa asistencia, ben por correo electrónico (aspanemi@gmail.com) ou vía telefónica (981946319), blog ou no noso Facebook


Escola de Pais: Maio 2013


ES
COLA DE PAIS 


O vindeiro martes 7 de Maio as 20:00 horas no noso local, levarase a cabo unha nova sesión da nosa "ESCOLA DE PAIS". Comezaremos o noso ciclo de COACHING FAMILIAR, no que traballaremos:


- Complexos e emocións nas relacións.
- Control do estrés familiar.
- Creación de metas.

Cara o final da sesión manterase unha dinámica de diálogo e participación común, para que os participantes teñan un espazo para a reflexión.

¡¡¡¡ANIMARVOS!!!! 


Para máis información contactar con nós: Tlf: 981 94 63 19 // E-mail: aspanemi@gmail.com, Blog ou Facebook


Concellos: Campamentos Deportivos 2013


CAMPAMENTOS DEPORTIVOS
DEPUTACIÓN DA CORUÑA



INFORMÁMOSVOS de que ONTE abriuse o prazo para que aqueles nenos que o desexen, nados entre os anos 1999 e 2003 se anoten nos CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA.
No seguinte enlace atoparedes información ao respecto:


No Concello de Narón podedes recoller as instancias tanto no Pavillón da Gándara (oficinas do Padroado de Deportes) coma na Oficina de Información Xuvenil (Omix) na pranta primeira. A inscrición débese formalizar no Rexistro Xeral, no Concello, REMATANDO O PRAZO O 16 DE MAIO.


SERGAS: Tarxeta Sanitaria AA



TARXETA SANITARIA DE ASISTENCIA E ACOMPAÑAMIENTO (AA)



TARXETA SANITARIA "AA", se lle da a pacientes diagnosticados de Autismo (ou similares) e Alzheimer para favorecer a accesibilidade e o acompañamento no Servizo Galego de Saúde.


Minimiza, no posible, as esperas nas consultas dos centros de saúde, consultas externas, servizos de urxencia e hospitalización, e permite aos seus acompañantes ou coidadores o acompañamento permanente durante a asistencia sanitaria, excepto se houbera algunha circunstancia clínica grave que o impedise.

DEBESE SOLICITAR NO CENTRO DE SAUDE CORRESPONDENTE.