viernes, 28 de junio de 2013

Horario de Verán

AVISO IMPORTANTE
HORARIO MES DE XULLO


O vindeiro luns 1 de Xullo comezamos co noso horario de verán, de 08:00 h. a 14:00 h.

Recordade que continuamos coa nosa aula de intervención e rehabilitación e coa atención familiar durante todo este mes.


Para calqueira dúbida contactade con nós a traves do noso BlogFacebook, e-mail: aspanemi@gmail.com ou Tlf.: 981 946 319.


miércoles, 26 de junio de 2013

Información Axudas

NOTA INFORMATIVA

AXUDA NO FOGAR e AXUDAS MAPFRE



Informámosvos da Aprobación inicial da ordenanza Municipal do SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR do Concello de Ferrol, podedes informarvos no número 118 do Boletín Oficial da Provincia.

Deixámosvos a continuación o link correspondente para que llevotedes unha ollada:






Fundación MAPFRE, lanza un Programa de Axudas de cara á adquisición de libros e material escolar para alumnos de primaria e secundaria de toda España.

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o día 30 de xuño de 2013.


As bases e formulario poden consultarse en www.fundacionmapfre.org. A presentación de solicitudes haberá de facerse a través da devandita páxina web.

viernes, 21 de junio de 2013

Actividades Lecer: Viaxe pola ría de Ferrol


LECER NÁUTICO:
VIAXE EN BARCO POLA RÍA DE FERROL

Informámosvos de que temos 8 plazas disponibles para unha actividade GRATUITA no mar, trátase dunha viaxe en barco percorrendo a ría de Ferrol, e que nos facilita COGAMI a través do seu programa de LECER NÁUTICO. Se realizará o día 4 de XULLO en horario de tarde de 16:00 a 19:00 h. 


Podedes apuntarvos ata o vindeiro martes 25 de XUÑO. ¡ANIMARVOS!

Podedes confirmar asistencia chamando o 981 946 319 ou a través do noso correo electrónico: aspanemi@gmail.com.

Necesitamos que nos facilitedes: nome completo, DNI e teléfono de contacto. E se algún usuario vai en silla de rodas, precisamos que nos informedes para solicitar a grúa de acceso o barco.

Recomendacións: É necesario que levedes roupa e calzado cómodo, así como bañador e toalla, gorra,... por si fai bo día e roupa de abrigo e chuvasqueiro por si refresca o tempo, así como unha muda para cambiarvos ao remate da actividade. Tamén debedes levar crema de protección solar e recomendamos BIODRAMINA para previr os posibles mareos e gozar da navegación. Non se recomenda inxerir demasiados líquidos antes da actividade.




martes, 18 de junio de 2013

Información Axudas.


NOTA INFORMATIVA 

BECAS DOCUMENTACIÓN


Informámosvos de que convócanse bolsas para a formación práctica de documentalistas.

Das devanditas bolsas reservarase unha delas para a súa concesión entre persoas con DISCAPACIDADE de grao igual ou superior ao 33% sempre que reúnan os requisitos establecidos na base cuarta e acrediten, dentro do prazo a que se refire o apartado 2 da base quinta, o indicado grao de discapacidade e a compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes. No caso de que a devandita bolsa non quedase cuberta, acrecerá á quenda libre.


Para máis información en torno a este tema ir o BOE, ou chamar directamente

902 365 303 / 911 114 000
Horario: de luns a xoves, de 9:00 a 17:00 h.;viernes, de 9:00 a 14:30 h.
Horario de verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro): de luns a xoves, de 9:00 a 15:00 h.; venres, de 9:00 a 14:30 h.


lunes, 17 de junio de 2013

Tapóns Solidarios: Campaña Alba La Promesa Xuño´13


VOLUNTARIADO TAPÓNS ALBA A PROMESA



O próximo XOVES 20 de XUÑO PRECISAMOS VOLUNTARIOS para a selección de tapóns en San Sadurniño é que posteriormente se levarán a Nave de Amenadás para o seu almacenaxe, o punto de encontro e na nosa asociación ás 09:00 h. da mañá, para logo ir cara San Sadurniño xuntos, se alguén non dispón de vehículo podémolo acercar.

Sabemos que é unha hora complicada, se podedes colaborar contactade con nós ven por Tlf; 981 946 319, correo-e; aspanemi@gmail.com ou facebook.




Xornada´13: Intervención en Discapacidades Múltiples"

XORNADA AS.PA.NE.MI.: "INTERVENCIÓN EN DISCAPACIDADES MÚLTIPLES"

A concelleira da área de Promoción Social do Concello de Narón, Teresa Sabio Rodriguez, inaugurou o pasado venres 14 de Xuño a xornada da Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía (ASPANEMI). Esta Xornada foi unha introducción a intervención  multidisciplinar nas polidiscapacidades, e nela deuselle unha especial relevancia as discapacidades múltiples relacionadas coa visión, como é o caso da Sordoceguera.

As xornadas celebráronse no Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón, e contaron cunha audiencia total de 47 persoas.

Os relatorios correron a Cargo de Carlos Gonzalez, profesor do equipo específico da ONCE; Rocío Torres Santiago, mediadora de persoas con sordoceguera en FOAPS, e Carmen Ponce Durán, socio-fundadora de APASCIDE e nai dun mozo con discapacidade múltiple.

Deixámosvos un resumo da temática das ponencias:

Deficiencia visual/cegueira e polidiscapacidade
- Funcións do sistema visual.
- Estratexias de intervención.
- Colaboración interprofesional

Relator: Carlos Gonzalez Benito. Profesor do equipo específico de atención a cegos e deficientes visuais. ONCE.

Estratexias de Comunicación e intermediación familiar.
- A intervención en colexios, familia e ocio.
- Comunicación: Problemática e repercusións.
- As Ong´s e a súa función interdisciplinar.

Relatora: Rocío Torres Santiago. Mediadora de persoas con sordoceguera en FOAPS e mediadora e responsable de ocio en APASCIDE Galicia.

Apoio familiar nas discapacidades múltiples.
- Apoio Familiar: atención psicolóxica e respiro familiar.
- A vida familiar cun fillo con discapacidade múltiple.

Relatora: Carmen Ponce Durán. Sociafundadora de APASCIDE e nai dun mozo con discapacidade.

martes, 11 de junio de 2013

Aviso Informativo.


NOTA INFORMATIVA PARA OS NOSOS USUARIOS


Mañá mércores 12 de Xuño de 2013 a asociación permanecerá pechada por apoio a Folga comarcal.

Se precisades dalgún tipo de información podedes deixarnos aviso a través do noso Tlf: 981 946 319, correo-e:aspanemi@gmail.comBlog ou perfil de Facebook. Responderémosvos o antes posible.

lunes, 10 de junio de 2013

Xornadas AS.PA.NE.MI. 2013


XORNADA AS.PA.NE.MI.:

"INTERVENCIÓN EN DISCAPACIDADES MÚLTIPLES"

O vindeiro venres 14 de Xuño as 18:00 h, no Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón, celebrarase a Xornada que AS.PA.NE.MI. quere adicar a intervención multidisciplinar na problemática das polidiscapacidades.

Dende AS.PA.NE.MI.,queremos reivindicar que non hai dous nenos que sexan iguais e isto é aínda máis certo cando se trata de mozos e mozas con discapacidades múltiples. Os puntos fortes e as súas necesidades son únicamente seus. Varían moito nas súas habilidades, intereses, capacidade de usar a vista e outros sentidos, antecedentes familiares e personalidade, e polo tanto é de vital importancia que a intervención veña dada por un equipo multidisciplinar dende a etapa máis temprana da discapacidade.

Esta xornada e unha breve introdución a intervención con este tipo de problemática, e con ela prentedemos ensinar as familias, orientar os profesionais e concienciar a sociedade.

As xornadas serán inauguradas por Teresa Sabio, Concelleira de Promoción Social do Concello de Narón, e presentadas por Montserrat Fraga Pérez, Presidenta de AS.PA.NE.MI., como relatores convidados contamos coa asistencia de: Carlos Gonzalez Benito, Profesor del equipo específico de atención a cegos y deficientes visuales de la ONCE; Rocío Torres Santiago, Mediadora e responsable de ocio en APASCIDE GALICIA; e Carmen Ponce Durán, socia fundadora de APASCIDE e nai de un mozo con polidiscapacidade.

A ENTRADA E LIBRE E ABERTA A CALQUERA TIPO DE PÚBLICO

Deixámosvos a continuación o tríptico coa programación da Xornada














Se queredes saber máis da actividade podedes contactar con nos a través do noso Tlf: 981 946 319, correo-e:aspanemi@gmail.comBlog ou perfil de Facebook.


viernes, 7 de junio de 2013

Axudas Educación Xunta e Campamentos ASEM


AXUDAS LIBROS DE TEXTO XUNTA E CAMPAMENTOS ASEM


Hoxe querémosvos informar de dúas cousas:

1. ASEM Galicia planificou un campamento dirixido a nenos con discapacidade (e os seus amigos/irmáns), na granxa escola de LugoGarabullos. Deixámovos un link onde podedes atopar toda a información por se algún de vós se quere apuntar. 





2. Sairon as AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO da XUNTA, deíxamosvos a continuación un enlace a páxina web para que vos informedes onde podedes atopar toda a documentación:





O prazo de presentación de instancias para a XUNTA será o seguinte:
  • a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 3 de xuño ao 3 de xullo de 2013, ambos inclusive.
  • b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 26 de xullo de 2013, ambos inclusive.
  • c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2013, ambos inclusive.
  • d) Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados, sempre que no mesmo curso escolar non estivesen matriculadas con anterioridade nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia,  o prazo será de un mes e contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2014.



lunes, 3 de junio de 2013

Tapóns Solidadarios: Campaña Alba la Promesa Mayo´13


SEGUNDO ENVIO DE TAPÓNS A PLANTA DE RECICLAXE


O pasado xoves 30 de Maio fomos a axudar a cargar o Tráiler para a Campaña de Tapóns Solidarios Alba a Promesa.

Agradecer a todos os colaboradores da campaña: colexios, empresas, tendas, asociacións, familias e persoas en particular o reunir día a día toda esta montaña de tapóns. E destacar o labor dos que compoñen a Campaña de Alba a Promesa aquí en Ferrolterra.
























Vista da nave de Amenadás minutos antes da carga no trailer

Grazas por suposto a todos os voluntarios que fixeron a carga dos tapóns posible, algúns por motivos laborais ou familiares non puideron aparecer na foto finish pero sin eles no sería posible.











A esquerda Lela avoa de Alba e membro da Campaña de Alba a Promesa, e xunto a ela algúns dos voluntarios que colaboraron na carga, parte deles de ASPANEMI.


SEGUIR XUNTADO TAPÓNS!!!!!!! 
ISTO CONTINÚA!!!!

Actividades Xuño 2013


ACTIVIDADES XUÑO ASPANEMI


AQUATERAPIA: Finalizamos o curso de Aquaterapia o venres 31 de Maio. A finais de verán informarémosvos de se continúa a actividade. 
¡¡DISFRUTADE DO ÚLTIMO DÍA!!


TALLER DE PINTURA-RESPIRO FAMILIAR: 
SÁBADO 1 de XUÑO as 17:00H. Como de costume é unha actividade lúdica na que os vosos fillos poden entreterse pintando e xogando con cores, dando renda solta á súa imaxinación e creatividade, así como relacionándose con outros nenos. Ao finalizar o taller realizaranse xogos e farase un merenda para todos os que participen.


ESCOLA DE PAIS: MARTES 4 DE XUÑO á hora habitual 20:00 h. Continuaremos co noso ciclo de COACHING FAMILIAR, no que traballaremos:

- Autoestima persoal.
- Comunicación.
- Disminución de riscos.


Como sempre, realizarase un diálogo aberto entre os participantes sobre calquera dúbida ou tema do que queiran ou necesiten falar.




XORNADAS ASPANEMI: VENRES 14 de Xuño as 18:30 horas. Xornada sobre a importancia do tratamento multidisciplinar nas discapacidades múltiples infanto-xuvenís.

¡¡¡¡ANIMARVOS!!!! 


AVISÁDENOS DA VOSA ASISTENCIA PARA CALQUERA DAS ACTIVIDADES: Tlf: 981 94 63 19 // E-mail:aspanemi@gmail.com, Blog ou Facebook