viernes, 31 de enero de 2014

SÁBADO DE ACTIVIDADE




TALLER  DE  PINTURA

                   
          Lembrade que este sábado vai haber o taller de pintura que se celebra na nosa asociación todos os primeiros sábados de mes.
       
      A actividade terá lugar na aula 3 da sala A dos baixos do Local Social da Solaina, nun horario de 17 a 20 horas.

       Xa sabedes que, ao mesmo que as outras accións que leva a cabo a nosa entidade, trátase dunha actividade inclusiva, non dedicada unicamente aos e ás nenos/as con discapacidade, senón a todo aquel que queira participar. Por iso, entendemos que se trata dunha boa oportunidade para establecer relacións interpersoais fructíferas para os nosos pequenos.

Agardamos a vosa asistencia!




miércoles, 29 de enero de 2014

ACTIVIDADES NOUTRAS ASOCIACIÓNS


ACTIVIDADES ORGANIZADAS

        Chegou a ASPANEMI información sobre diferentes actividades preparadas por outras asociacións e pensamos que poderían ser do voso interese:

        - dende a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol establécese o II Programa de Deporte Adaptado, unhas actividades financiadas pola Deputación de A Coruña para promocionar a práctica do deporte en persoas con algún tipo de discapacidade. Lembrámovos que a prematrícula para participar neste programa hai que facela a través dun formulario na web www.comarcaferrolterra.es, na sección deporte adaptado-inclusivo, antes do día 7 de febreiro.

       




      - dende a Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas, vanse levar a cabo unha serie de obradoiros. Podedes animarvos e participar!







miércoles, 22 de enero de 2014

SAÍDA A NEVE




RECORDATORIO PARA O ESQUÍ ADAPTADO

                    Lembrade todos os que participedes na excursión á neve deste vindeiro fin de semana que a saída do autobús terá lugar o venres 24, ás 16.00 horas, dende a estación do FEVE en Xubia. Agradeceríamosvos moito que sexades puntuais. 

   Traede moitas gañas de pasalo ben!
               


viernes, 17 de enero de 2014

ÚLTIMAS PRAZAS PARA A NEVE!



ÚLTIMOS DÍAS PARA RESERVAR NO ESQUÍ ADAPTADO

          Lembrádevos que só quedan uns días para a saída a neve deste mes, así que se desexades tomar parte nesta actividade, non esquezades apuntarvos canto antes.
            
             A estación de esquí que imos visitar é a de San Isidro, en León, e a saída terá lugar o vindeiro venres, dia 24 de xaneiro, as 16.00 horas, dende a estación do tren de Xubia. Voltaremos o domingo, día 26, tamén sobre as 16.00 horas (saída aproximada de San Isidro). Pensade que tedes que levar obligatoriamente a certificación médica oportuna.

Animádevos!
Vai ser unha actividade chea de sorrisos!







miércoles, 8 de enero de 2014

Fotos Visita do Apalpador



TARDE DE AGASALLOS E XOGOS COA VISITA DO APALPADOR


 
          A tarde do pasado sábado 4 de xaneiro, tivo 
     lugar no local da nosa asociación unha actividade 
     moi especial: visitounos o Apalpador; un vello car-
     boeiro que baixou das montañas, para palpar 
     barriguiña dos nenos e nenas e saber se comeran
     ben durante todo o ano.
            
          O noso amigo falou cos pequenos e logo obse-
     quioulles cuns doces agasallo que foron a ledicia de 
     todos e non marxou sen antes desexarnos aos asis-
     tentes á actividade un moi bon ano cheo de saúde e
     felicidade. 

           Despois da visita, todos nós puidemos disfru-
    tar dunha boa merenda e os máis novos pasárono 
    xenial cos xogos.

                       Moitas grazas, Apalpador!
          Agardamos a túa visita o ano que vén!
            
         

















jueves, 2 de enero de 2014

VISITA DO APALPADOR



TARDE LÚDICO-FESTIVA

            Dende a asociación queremos invitarvos ás actividades que terán lugar o vindeiro sábado 4 de xaneiro para celebrar a ledicia destas festas e a próxima
chegada dos Reis Magos:
          - Ás 18.00 horas: Recibiremos a visita do Apalpador que falará con todos 
                                     os pequenos que queran achegarse ata o local da nosa
                                     entidade.
          - Ao remate da mesma teremos xogos e merenda para todos.

ESTADES TODOS CONVIDADOS!
Pasarémolo moi ben!