viernes, 30 de mayo de 2014

CAMPAÑA TAPÓNS "ALBA, LA PROMESA"


PRECISAMOS  VOLUNTARIOS!!!

   Este vindeiro luns, día 2 de xuño, a partires das 8h da mañá, chega o tráiler para levar os tapóns recollidos por todos nós na campaña "Alba, la Promesa" da nave de Amenadás, ao carón de Urbaser, onde se almacenan, á planta de reciclaxe.
   
   Necesitamos mans! Necesitamos xente que axude a formar unha cadea humana para cargar o tráiler.

   Se podedes participar e axudar nesta actividade solidaria, poñédevos en contacto coa asociación no 981.946319 ou chamando directamente a Lela ao 606.357518.

   Moitas grazas! E... Seguide xuntando tapóns!



   

ACTIVIDADE DE VERÁN


CAMPAMENTOS  DE  VERÁN  ESPECÍFICOS

     A Secretaría Xeral de Política Social, dependente da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, convoca as prazas de campamentos específicos para persoas con discapacidade cun grao igual ou superior ao 33% e con idades comprendidas entre os 11 e os 40 anos.

      O prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de xuño (incluído) e é moi importante que no momento de presentar dito impreso se elixa a modalidade e o destino que mellor se adapte ás necesidades da persoa solicitante.

    Deixámosvos o enlace do Portal de Benestar onde podedes atopar o folleto informativo destes campamentos, os impresos de solicitude e do informe médico e as fichas das catro instalacións onde vanse realizar para que podedes escoller a que mellor vos conveña: Portal Benestar - Campamentos



martes, 27 de mayo de 2014

ACTIVIDADE SOLIDARIA





CONVIVENCIA EN ALLARIZ - FOTOS


ALLARIZ...  PLENO  CONTACTO  COS  "TERAPEUTAS"

   Como podedes ver nas fotografías que aparecen a continuación, na convivencia en Allariz houbo unha plena integración dos nosos participantes cos "terapeutas" da asociación ANDREA, unha participación que foi avanzando pouco a pouco cara unha total colaboración.

   A asociación ANDREA, como xa sabedes, é un centro de Terapia Asistida con Animais, en concreto burriños, para persoas en desvantaxe física, psíquica ou social, onde os usuarios poder levar a cabo diferentes actividades de contacto e estimulación sensorial cos burros, os "mediadores terapéuticos".






lunes, 26 de mayo de 2014

ARTIGO DE INTERESE


A TARXETA SANITARIA GALEGA

     Dende a asociación queremos dar repercusión ao artigo publicado no xornal "La Voz de Galicia" este pasado domingo, día 25 de maio, que fai referencia á nosa tarxeta sanitaria, ao uso que podemos facer dela e ás coberturas que ofrece o SERGAS a diferenza dos sistemas sanitarios doutras comunidades.

     Pensamos que pode ser un artigo de interese para todos nós.



viernes, 23 de mayo de 2014

CONVIVENCIA


UNHA  EXPERIENCIA  INESQUECIBLE !!!

     O pasado fin de semana, a nosa entidade organizou unha convivencia en Allariz. 

    Alí todos os participantes puideron disfrutar dunha visita á asociación ANDREA, onde fixeron moi boas migas cos burriños, "terapeutas especiais" de dita asociación. Tamén coñeceron o proceso de elaboración do queixo de ovella latxa no Centro de Educación Ambiental "O Rexo".

    Houbo tempo incluso de facer unha escapada a Vilanova dos Infantes, onde había unha feira de produtos de elaboración artesá.

  E todo isto nun ambiente de irmandade, onde todos os participantes conviven e traballan para a plena inclusión das persoas con discapacidade.

   Como moitos dixeron... UNHA EXPERIENCIA INESQUECIBLE !!!









jueves, 22 de mayo de 2014

PROTESTA NA SANIDADE


PROTESTAS  NO  ARQUITECTO  MARCIDE

    No día de onte, mércores 21 de maio, e no vestíbulo do Hospital Arquitecto Marcide en Ferrol, levouse a cabo unha nova protesta do persoal sanitario polo peche de camas previsto para o verán, que producirase xa a partir do vindeiro mércores día 28.

     Serán un total de 46 prazas as que deixarán de estar dispoñibles, o que supón que deixará de funcionar a terceira planta de Pediatría do Marcide e a planta de Medicina Interna do Naval. Os peches, segundo os sindicatos, carrexarán atrasos na atención primaria e nas intervencións cirúrxicas.


ACTIVIDADE DEPORTIVA


VIII  CARREIRA  ESCOLAR  ENSANCHE  A




      A AVV Ensanche A está a organizar a súa máis que coñecida Carreira Escolar, que este ano xa acada a oitava edición.

    Será o vindeiro domingo 1 de xuño, a partir das 11, e todos aqueles que queredes participar, seredes benvidos a unha actividade, ademais de deportiva, lúdica e, nesta ocasión tamén solidaria, pois debido á situación de crise actual, recolleranse alimentos para colaborar coa Cociña Económica de Ferrol. Unha boa iniciativa que seguro terá unha gran resposta por parte de todos os deportistas.

     Os e as que desexades participar na carreira tedes que poñervos en contacto coa asociación no teléfono 981.946319 ou vía mail en aspanemi@gmail.com. Agradeceríamos que non vos demorades moito, a fin de levar a mellor organización posible.

     Nas seguintes imaxes podedes ver o percorrido da carreira e os grupos segundo as categorías, así como tamén os horarios e as distancias a correr en cada caso.

ANIMÁDEVOS  A  PRACTICAR  DEPORTE  EN  FAMILIA!!!
ANIMÁDEVOS  A  SER  SOLIDARIOS!!!








lunes, 19 de mayo de 2014

MEDIOS DE COMUNICACIÓN

           
     AS.PA.NE.MI.  NOS  MEDIOS  DE  COMUNICACIÓN
    
     Deixámosvos o vídeo do programa "Espacio Abierto" da TV de Ferrol do pasado día 7 de maio, onde o periodista Fernando Rodríguez entrevistou á nosa presidenta Montse Fraga.

   Na entrevista falouse de qué é a asociación AS.PA.NE.MI., cales son as súas actividades e funcións, da súa marcada política de inclusión... e tamén de temas de actualidade e interese para o noso colectivo como é o da problemática do 065.


                   








viernes, 16 de mayo de 2014

ACTIVIDADE DEPORTIVA


CAMPIONATO  GALEGO  DE  BOCCIA

     O pasado domingo día 11 de maio, e no pabellón do Ensanche de Ferrol, o noso amigo e membro da asociación, José Luis Casas (do clube ADM) conseguiu clasificarse no primeiro posto na categoría BC1 de Boccia ao vencer a Sandra Ballesteros (do TAMIAR-APAMP), proclamándose así campión galego desta modalidade deportiva.

     Esta inmellorable clasificación dalle a oportunidade de participar no Campionato Nacional de Boccia por Clubes que se vai celebrar en Benidorm o vindeiro mes de xuño.

     Dende a asociación queremos felicitarlle polo logro conseguido e animarlle a que vaia ao campionato coa máxima ilusión e ganas.

Desexámoste toda a sorte do mundo, José Luis!
A por eles!


ACTIVIDADE PROPOSTA


CONVIVENCIA  ORGANIZADA  POLA  ACCU


     Facémonos eco da nova publicada polo Diario de Ferrol o pasado martes 13 de maio, na que se fala da organización por parte da ACCU (Asociación de Enfermos de Crohn e Colistis Ulcerosa) dunha convivencia no Albergue Alvarella (en Vilarmaior) para o día 14 de xuño, cun horario de 12 a 20h.

     Esta actividade vai dirixida a nenos e nenas de 3 a 16 anos e o que se pretén é que tanto eles coma as súas familias aprendan a vivir coa enfermidade e coñezan outros mozos e mozas na súa mesma situación.
   
   Grazas ao convenio coa Concellería de Benestar do Concello de Ferrol, esta xuntanza é totalmente gratuíta e non é necesario tampouco ser membro da ACCU.

   Se estades interesados en participar, tedes que chamar ao 638.298605 (Xosé Lois) antes do 9 de xuño.



ACTIVIDADE PROPOSTA


CHARLA  SOBRE  NUTRICIÓN  EN  DIVERFFEC

     A Asociación Grupo Diversidade Ferrol e Comarcas (DIVERFFEC) infórmanos de que ten preparada para hoxe día 16 de maio ás 18.30h unha interesante charla sobre nutrición que será dirixida polas profesionais Rosa María López e Rosalina del Río (Nutrición e Hixiene Alimentaria, NIH, Sada) e que terá lugar nos locais da asociación na R/ Colón esquina con Mendizábal.

     Nesta actividade gratuíta explicaráselle aos asistentes en que consiste unha dieta equilibrada, que beneficios ten para a nosa saúde (control da tensión, a glucosa, o colesterol...) e a nosa imaxe persoal (estética) e que factores inflúen nela (ansiedade, estrés...). Ao final da mesma, haberá a posibilidade de pedir consultas con estudios personalizados.


martes, 13 de mayo de 2014

ACTIVIDADE MENSUAL - OBRADOIRO DE PINTURA


FLORES,  FLORES  E  MÁIS  FLORES !!!

     Este pasado sábado, como xa sabedes, tivemos o obradoiro de pintura habitual de tódolos meses e os nosos nenos e nenas fixeron... flores!!!

   Pasáronno moi ben recortando, pegando e imaxinando e ademais estiveron cos seus compañeiros e compañeiras cos que xa teñen fortes lazos de amizade grazas a esta actividade lúdica.

     Despois do obradoiro, como non, tamén houbo tempo para a merenda e para o xogo.


lunes, 12 de mayo de 2014

CAMPAÑA "ALBA, LA PROMESA" - TAPÓNS SOLIDARIOS




Deixámosvos o vídeo do informativo de TV de Ferrol do pasado mércores 7 de maio onde, a partires do minuto 15.53 e ata o 18.30, podedes ver unha entrevista que lle fixeron á nosa presidenta Montserrat Fraga falando da campaña "Alba, La Promesa" de recollida de tapóns. Como veredes, agora faise necesaria a axuda tamén no proceso de selección destes tapóns para que poidan saír canto antes á planta de reciclaxe.

Animádevos a colaborar!


viernes, 9 de mayo de 2014

ACTIVIDADE MENSUAL


MAÑÁ... OBRADOIRO DE PINTURA!

     Lembrade que mañá, sábado 10 de maio, os nosos pequenos artistas teñen unha nova oportunidade de deixar voar a súa imaxinación e creatividade no obradoiro de pintura que se vai celebrar nos baixos do Local Social da Solaina, na aula 3, como vense facendo ultimamente.

      O horario da actividade será de 17 a 20h e despois da mesma todos os asistentes poderán merendar e seguir a pasalo ben xogando e facendo amigos.

      Unha experiencia que, mes tras mes, vai enriquindo a quen a practica.





martes, 6 de mayo de 2014

NOVAS COGAMI


SITIO  WEB  DA  XUNTA  SOBRE  ACCESIBILIDADE

     Dende COGAMI coméntannos un sitio web promovido pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, en concreto pola Subdirección de Autonomía Persoal, que quere ser o referente na nosa comunidade en temas de accesibilidade e produtos de apoio.

    Neste portal podedes atopar acceso a documentación e información sobre prestacións e axudas para as persoas con discapacidade, cursos que poden ser do voso interese, catálogo de diferentes produtos de apoio (para entrenamento, aprendizaxe de habilidades, formación laboral...), de órtesis e prótesis, de mobiliario adaptado... e tamén un interesante apartado de asesoramento para solventar dúbidas sobre, por exemplo, as tarxetas de estacionamento para as persoas con discapacidade, as condicións de accesibilidade requeridas en edificios públicos ou ben privados, como solicitar un produto de apoio ou unha axuda técnica...

     O enlace no que podedes clickar para acceder a este portal é o seguinte: https://produtosapoio-demo.xunta.es/gl/rexistro/entidade


lunes, 5 de mayo de 2014

ACTIVIDADE MENSUAL


ESCOLA  DE  PAIS  -  MAIO

          Lembramos a tódolos socios/as da nosa entidade que AS.PA.NE.MI vai levar a cabo a Escola de Pais correspondente ao mes de maio este próximo mércores día 7, co horario habitual de 20 a 22h.

    Agardamos que participedes nesta actividade, pois todos nós saímos beneficiados da mesma. Moitas grazas.



CAMPAÑA "ALBA, LA PROMESA"


CUADRILLA  DE  TRABALLO  PARA  A  ESCOLLIDA  DE  TAPÓNS

     O pasado día 2 de maio, organizouse unha cuadrilla de traballo formada por voluntarios de AS.PA.NE.MI e da Asociación Vida Activa, que de xeito totalmente desinteresado e altruista participaron na escollida de tapóns para a Campaña "Alba, la Pomesa", durante tódala tarde do venres, nun ambiente cheo de entusiasmo e ilusión pola actividade a realizar.

   Dende AS.PA.NE.MI agradecemos que centos de persoas participen xa na campaña depositando os tapóns de plástico nos diferentes puntos de recollida que hai espallados por toda Ferrolterra e facemos un chamamento á cidadanía para que colaboren tamén na selección dos mesmos,como xa fixeron connosco os voluntarios de Vida Activa, a quenes lles damos as grazas por todo o tempo que adicaron a esta actividade.

    Se tedes tempo e estades interesados en participar na escollida dos tapóns, podedes poñervos en contacto coa asociación no número de teléfono 981.946319.Seredes todos vós benvidos.



viernes, 2 de mayo de 2014

ARTIGO DE INTERESE


PROBLEMÁTICA  DO  065

     Facémonos eco dende a nosa asociación do artigo publicado onte, día 1 de maio, na Voz de Ferrol sobre a adxudicación do servizo de transporte adaptado, o 065, que segue sen solución na área de Ferrolterra.


ACTIVIDADES


SEMINARIO  EN  DIVERFFEC

     Dende DIVERFFEC (Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas) lémbrannos que aínda podedes reservar praza para participar no I Seminario de Comunicación 2.0 e Redes Sociais que terá lugar os próximos luns 5 e 12 de maio na sede da entidade na R/ Colón esquina Mendizábal cun horario de 17 a 20h.

     O seminario será impartido pola licenciada en Marketing pola USP-CEU, María Barceló, e terá un custo de só 5€ ao estar subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña. Sinalar tamén que se entregará un diploma acreditativo de asistencia a tódolos participantes na actividade.

    Para máis información podedes contactar con DIVERFFEC nos números de teléfono 981.930544 ou 698.183808, na dirección de mail diversidadefuncionalferrol@hotmail.com ou na propia asociación.