lunes, 14 de julio de 2014

VACACIÓNS AS.PA.NE.MI.


VACACIÓNS DE VERÁN

     Lembrade que a asociación pecha por vacacións do 15 de xullo ao 15 de agosto (ambosdous incluídos).

       Pasádelo moi ben e... vémonos á volta!




LEXISLACIÓN DE INTERESE


AXUDAS AS NECESIDADES EDUCATIVAS NO BOE

     No número 169 do BOE, de data 12 de xullo, publícase a Resolución do 3 de xullo da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (derivadas de discapacidade, TDAH, trastornos graves da conduta en familias numerosas ou asociadas a altas capacidades intelectuais) para o curso académico 2014-2015.

     As solicitudes deberán presentarse por vía telemática e hai de prazo ata o día 30 de setembro (incluído).

     Adxuntamos a páxina onde podedes atopar toda a información:





viernes, 11 de julio de 2014

ARTIGO DE INTERESE


COIDADORES SEN RESPIRO

     Na asociación facémonos eco do artigo publicado o pasado mércores, día 9 de xullo, no xornal "El Ideal Gallego" que reflexa os datos do último "Barómetro del Mayor", da Unión Democrática do Pensionista, onde fálase da falta dun tempo de respiro no verán para os familiares maiores de 65 anos coidadores de persoas dependentes, pois a metade deles non terá vacacións nin descanso estival ao non contar con ningún tipo de axuda na súa situación familiar ou económica que facilite o disfrute deste tempo.

     No caso dos coidadores menores de 65 anos, o porcentaxe dos que se atopan na mesma situación é dun 36'7%.

     Sen dúbida, unhas cifras que teñen que facernos pensar en que aínda hai moito camiño por percorrer e moito traballo que facer en igualdade e servizos sociais.


ACTIVIDADE PROPOSTA


IX PREMIO INTERNACIONAL DE FOTOGRAFÍA SOBRE A DISCAPACIDADE
FUNDACIÓN ANADE

    O obxectivo deste premio é visualizar a realidade das persoas con discapacidade psíquica, física, sensorial ou enfermidade mental nas súas situacións da vida cotiá con momentos de alegría, dificultade, peculiaridades, obstáculos, retratos...

       O prazo límite de entrega de orixinais será o día 10 de novembro e haberá  diploma para o primeiro e segundo posto e tamén diploma para a fotografía máis humanitaria.

   Podedes atopar toda a información nos teléfonos da Fundación ANADE (610.534789 e 679.861823), na súa páxina web (www.fundacionanade.org) ou no mail fundacion@fundacionanade.org.

     ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR! 


miércoles, 9 de julio de 2014

COLABORACIÓN CON COGAMI


ACCESIBILIDADE NOS MUSEOS

     A área de accesibilidade de COGAMI infórmanos de que está a colaborar coa Universidade de Santiago de Compostela nun traballo sobre accesibilidade nos muesos e por isto agradecería que, se fostes visitar un museo ou exposición ou o ides facer proximamente, cubrirades o cuestionario adxunto e o fagades chegar a accesibilidade@cogami.es con data límite o 15 de agosto.

     Con pequenos xestos e colaboracións podemos facer moito polo benestar das demais persoas.

     CuestionarioCuestinario Accesibilidade Museos

jueves, 3 de julio de 2014

ARTIGO DE INTERESE


AXUDAS  Á  DEPENDENCIA

     Facémonos eco do artigo publicado hoxe no xornal "La Voz de Galicia" que fala sobre as axudas á dependencia, facendo unha dura crítica ás mesmas e denunciando os grandes retrasos existentes nas evaluacións e concesión de prestacións.


martes, 1 de julio de 2014

ACTIVIDADE MENSUAL



NOVO HORARIO



ACTIVIDADE DEPORTIVA


XORNADAS NÁUTICAS ADAPTADAS

   Dende COGAMI infórmannos de que a asociación ADECO organiza unhas Xornadas Náuticas Adaptadas a vindeira semana, do luns 7 ao venres 11 de xullo, no Centro Naútico Municipal de Outes, no Freixo.

     Cada día poderán participar 10 persoas como máximo en cada quenda (10.30 e 16.30h), agás o mércores que só haberá quenda de mañá para 20 persoas.

    Se queredes participar, podedes confirmar a vosa asistencia ata o venres día 4, achegando un mail ao correo de MISELA (misela@misela.es) ou chamando ao 981.842097.


NOVA DE INTERESE



ACTIVIDADE PROPOSTA