viernes, 31 de octubre de 2014

SOLICITUDE DE ADAPTACIÓNS


SOLICITUDE DE BAMBÁNS ADAPTADOS AO CONCELLO DE NARÓN

      Na mañá do día de hoxe, a nosa presidenta, Dna. Montserrat Fraga, presentou no nome da asociación un escrito no rexistro municipal do Concello de Narón no que se solicita a adquisición e instalación de bambáns adaptados para nenos e nenas con discapacidade nos parques infantís ubicados no concello.

     A nosa entidade, caracterizada dende a súa creación pola defensa da plena integración das persoas con diversidade funcional na vida cotiá da cidadanía, entende que absolutamente todos os nosos pequenos teñen dereito por igual a ter un tempo de ocio nas mellores condicións posibles que garantan a súa saúde e benestar físico, tempo de lecer que teñen que disfrutar cos seus iguais, potenciando desta maneira a inclusión social e fomentando un axeitado desenvolvemento psicosocial na etapa infantil tanto do colectivo de nenos e nenas con discapacidade (relación cos demais, fomento de patróns de conduta en grupo, enriquecemento da linguaxe, a comunicación, a autoestima...) como do colectivo de nenos e nenas que non teñen estas dificultades (toma de conciencia efectiva de que hai persoas, totalmente válidas, que teñen outras necesidades e capacidades, que existe unha diversidade funcional).

     Adxuntando dita solicitude, presentouse tamén documentación gráfica sobre diferentes tipos de bambáns adaptados segundo sexan as necesidades concretas das persoas usuarias dos mesmos.

INICIATIVA SOLIDARIA


I CONVOCATORIA "FONDO AYUDAS CARREFOUR A FAVOR DE LAS ENFERMEDADES RARAS"

     Durante todo este ano 2014, Carrefour puxo á venta dentro da campaña "Un Nuco, una esperanza" o peluche "Nuco solidario", desenvolvido pola empresa Famosa, cuxos beneficios destináronse a dito fondo.

     Grazas a isto, agora Carrefour e a Federación Española de Enfermedades Raras (FEDER) van dotar de axudas económicas a asociacións e nenos/as con enfermidades pouco frecuentes co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida e proporcionarlles os recursos necesarios para acadar un mellor desenvolvemento.

   Poderán presentarse á convocatoria (ata o 14 de novembro) os membros de FEDER que soliciten axudas individuias directas (adquisición de produtos ortopédicos, servizos de logopedia, rehabilitación, fisioterapia...) ou ben grupais destinadas a nenos/as de entre 0 e 18 anos.

     Unha mostra de que un mundo mellor e máis solidario si que é posible. Os nosos parabéns para Carrefour, Famosa e FEDER e o desexo de que esta iniciativa teña continuidade.

     Tedes toda a información necesaria no seguinte enlace:



raredisease2014


lunes, 27 de octubre de 2014

ACTIVIDADE PROPOSTA


I CONCURSO DE ARTISTAS CON DISCAPACIDADE FÍSICA

     Convocado pola Asociación de Personas con Discapacidad Física de Alicante (ADIFIA) nas modalidades de pintura, escultura e fotografía e con temática e técnica libres.

     Os autores poderán participar só cunha obra por cada unha das disciplinas e deberán remitir á asociación copia do seu certificado de discapacidade.

       A inscrición farase unicamente por vía telemática e estará aberto o prazo ata o día 15 de novembro, debendo cumplimentar o formulario e achegar unha imaxe da obra. Só os artistas preselecionados enviarán fisicamente o seu traballo.

     Tedes toda a información en: 

http://adifia.com/data/documents/bases.pdf


NOVAS TECNOLOXÍAS


EMPOWERYOU - ADESTRADOR VIRTUAL PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

   O Comité de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) e a Fundación Vodafone crean unha aplicacón para teléfonos co sistema IOS (Iphones), acesible e gratuíta, que pretende axudar a calquera persoa con discapacidade a exercer e afianzar o seu poder de decisión sobre si mesma e sobre o seu entorno.

     É coma un adestrador virtual que permite que voluntarios/as axuden e apoien ás persoas con diversidade funcional respondendo a cuestións sobre 
asesoría xurídica, emprego e formación, autonomía persoal, participación, saúde, turismo e tempo de lecer...

     Esta aplicación está disponible para a súa descarga en: 

https://itunes.apple.com/us/app/empoweryou/id917218016?mt=8



ACTIVIDADE DEPORTIVA


18º XOGOS AUTONÓMICOS DE NATACIÓN
SPECIAL OLYMPICS GALICIA

     Terán lugar o vindeiro sábado día 15 de novembro na Piscina Municipal do Complexo Deportivo A Fieiteira, de Riveira. Están organizados por Special Olympics Galicia, coa colaboración de FADEMGA, e promovidos pola asociación AMICOS de Riveira.

   A organización correrá cos gastos de transporte e restauración dos deportistas e adestradores e a cota de participación será de 4 ou 8€, dependendo da persoa solicitante.

     O prazo máximo de recepción de solicitudes será o día 5 de novembro.

     Podedes consultar toda a información no seguinte enlace:




ARTIGO DE INTERESE



"MILAGROS" COA REXENERACIÓN DE MEDULA?

       Nun artigo do xornal Faro de Vigo de hoxe fálase da "milagrosa curación" dun home en Polonia que, maila ter a medula espiñal seccionada, puido volver camiñar coa axuda dun estabilizador logo de transplantárselle células do bulbo olfatorio nas súas costas.

     Especialistas da sanidade española, se ben califican esta nova como alentadora, tómana con prudencia e falan de non crear falsas expectativas pois aínda non hai un tratamento efectivo e aceptado que poida reparar o dano neurolóxico despois dunha lesión medular e a recuperación moitas das veces só pode ser parcial. 





jueves, 23 de octubre de 2014

ACTIVIDADE PROPOSTA


VIII SEMINARIO SOBRE DISCAPACIDADE INTELECTUAL E SAÚDE MENTAL

    Organizado por FADEMGA FEAPS Galicia e dirixido a profesionais da Administración e Servizos Públicos do ámbito social, eductaivo e sanitario así como a profesionais de organizacións do sector da discapacidade intelectual pertencentes ou non ao movemento asociativo FEAPS.

        Terá lugar en Santiago de Compostela o vindeiro día 21 de novembro e o prazo de inscrición remata o luns día 14. O custo é de 15 ou 20€, dependendendo das características do solicitante.

      Adxuntamos o enlace onde podedes atopar o boletín de inscrición e toda a información necesaria:



ARTIGO DE INTERESE


PRESCRITA A TALIDOMIDA? PARA OS AFECTADOS, NON

     Dende a nosa entidade queremos dar difusión á polémica sentenza da Audiencia Provincial de Madrid que anula o pago de indemnizacións aos afectados pola talidomida ao considerar prescrito o caso polo tempo transcorrido, aínda que, como di María Jesús Raposo, afectada coruñesa: "Las secuelas que yo llevaré hasta que me muera no prescriben".

       Lembremos que a talidomida foi un fármaco prescrito a finais dos anos '50 as nais xestantes para evitar as molestias do embarazo e que provocou en centos de nenos e nenas, agora adultos, malformacións nas extremidades e anomalías en órganos internos.

      Adxuntamos o artigo de hoxe de La Opinión de A Coruña que fala sobre a devandita sentenza e a lóxica decepción e incredulidade dos afectados.



miércoles, 22 de octubre de 2014

AXUDAS AO ESTUDO


AXUDAS AO ESTUDO DA FUNDACIÓN MANUEL VENTURA FIGUEROA

     Ata o 20 de novembro está aberto o prazo para a presentación de solicitudes relativas á convocatoria de axudas ao estudo da Fundación Manuel Ventura Figueroa, correspondente ao curso académico 2014-2015.

     Os beneficiarios poderán ser alumnos que inicien ou continúen estudos superiores ou de máster que teñan algún grado de parentesco co fundador:



ARTIGO DE INTERESE


CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN CIDADÁ

     A Asociación Sociocultural ASCM, coa colaboración do Concello de Narón, iniciou a campaña XENTE!!! SENTA E SENTE, iniciativa que, tal e como publícase hoxe na Voz de Ferrol, pretén acadar unha maior concienciación social sobre as barreiras arquitectónicas coas que se atopan, e teñen que facer fronte, as persoas con diversidade funcional.

     A primeira en participar na experiencia foi a concelleira de Promoción Social e Igualdade do concello naronés, Teresa Sabio, quen admitiu, logo de facer un percorrido en cadeira de rodas, a existencia de grandes dificultades para o desprazamento.

     É un bo exemplo a seguir: poñámonos todos na pel dos nosos veciños con diversidade, valoremos o seu esforzo cotidián e busquemos solucións para mellorar a súa calidade de vida.




LEXISLACIÓN DE INTERESE


AXUDAS PARA O INICIO DE ESTUDOS UNIVERSITARIOS

     No DOG número 192, de data 8 de outubro, publícase a orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se paroban as bases e se procede á convocatoria de axudas para o inicio de estudos universitarios no curso 2014/45 nas universidades do Sistema Universitario de Galicia.

     As solicitudes teñen prazo aberto ata o día 10 de novembro e deberán presentarse preferiblemente por vía telemática.

   Adxuntamos o enlace para que poidades consultar toda a información ao respecto:



martes, 21 de octubre de 2014

COCEMFE - NOTA DE PRENSA



ARTIGO DE INTERESE


ESPERANZA PARA OS PACIENTES CON ENFERMIDADE MACULAR

     A nosa asociación faise eco dun artigo publicado o pasado xoves 16 de outubro no xornal El Progreso, de Lugo, onde infórmase dun importante avance nos casos de ceguera en pacientes con enfermidades maculares, pois logo de seren transplantados con células nai derivadas do epitelio pigmentario retinal, estes pacientes melloraron notablemente na súa visión.


ARTIGO DE INTERESE


MELLORA NO TRATAMENTO CONTRA O CANCRO DE MAMA

       Dende a nosa entidade, damos difusión ao artigo publicado o pasado sábado 18 de outubro no xornal El Progreso, de Lugo, onde infórmase de que a proba Oncotype (test que permite evitar a quimio a determinadas mulleres con cancro de mama) forma parte xa da carteira de servizos do SERGAS.

     Aínda que esta boa nova afecta a un grupo restrinxido de pacientes é, sen dúbida, un gran adianto na loita contra esta enfermidade e unha evidente mellora na calidade de vida destas mulleres que deixarían de padecer os efectos invasivos e secundarios prexudiciais que ten asociados o tratamento con quimioterapia.