miércoles, 28 de enero de 2015

Xornadas de Teatro e Diversidade

Recordade que este venres día 30 de xaneiro ás 18:30 horas cérranse as I Xornadas de Teatro e Diversidade coa actuación de Chamorro e Diversidade Funcional.

O lugar das actuación é o mesmo ca nas últimas ocasións, o Café Teatro do Pazo.

Se asistides por favor avisádenos polo facebook ou ao correo electrónico para que poidan calcular o número de persoas para o catering. Emoticono smile

martes, 20 de enero de 2015

Somos Capaces COGAMI

Hoxe tendes anexado o primeiro programa de "Somos Capaces".

Trátase unha aposta de COGAMI por dar a coñecer as súas funcións.

Neste primeiro episodio estarán no centro de Medelo.

Espero que vos resulte interesante Emoticono smile

http://www.cogami.es/difusion/multimedia/tv/somos-capaces-18115/

jueves, 15 de enero de 2015

presentación cadeira de rodas

Unha última novidade esta mañá e xa paramos smile emoticon

Chegounos ao correo da asociación información sobre a presentación dun modelo de cadeira de rodas que permite salvar bordos e escaleiras de forma independente.

A presentación será o próximo mércores día 21 ás 17:00 en Santiago de Compostela.

Se vosoutros ou alguén está interesado neste produto, mandádeme un mensaxe ao noso facebook ou ao noso correo electrónico aspanemi@gmail.com e lle mando a información da que dispoñemos.

Un saúdo e disfrutade do día




axuda conciliación vida familiar

Por se algún dos nosos lectores lle pode interesar vos deixo anexo a resolución do DOG que aborda as axudas á conciliación da vida familiar e laboral para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150115/AnuncioG0244-301214-0004_gl.html

escola de pais

Onte na escola de pais, ademais de compartir opinións e experiencias, traballamos sobre un manual para pais de nenos con discapacidades.

É un documento corto que conta unha experiencia persoal da autora sobre como viviu esa situación.

Volo poño anexado por se vos resulta de interese smile emoticon 

http://www.amputee-coalition.org/spanish/inmotion/jul_aug_99/parent.pdf

miércoles, 14 de enero de 2015

Guía persoas cuidadoras

Hoxe vos deixo enlazado unha guía da Fundación Pilares: 

"Coidar, coidarse e sentirse ben: Guía para persoas coidadoras segundo o modelo de Atención Integral e Centrada na Persoa"

Está principalmente enfocada ao trato con persoas maiores pero ten algún caso que vos pode resultar de interese e estou seguro de que vos dará algunha idea interesante. smile emoticon

martes, 13 de enero de 2015

Bos días.

Quería recordarvos que mañá, mércores 14, de 20:00 a 22:00 levaremos a cabo a escola de pais correspondente ao mes de xaneiro.

Se tendes algunha suxestión ou dúbida facédenolo saber e procuraremos ter buscado información para traballar ese tema.

Un saúdo 

viernes, 9 de enero de 2015

Boa noticia amigos, mañán sábado 10 temos o noso taller de pintura do mes de xaneiro.

Recordade que será de 17:00 ata as 20:00 na aula 3 no Local Social A Solaina.

Espero vervos alí para pasar unha divertida xornada. 



jueves, 8 de enero de 2015

entrevista Fundación Persoas

Aquí vos deixamos unha entrevista ao Responsable do Departamento de Traballo Social e Familia da Fundación Persoas Valladolid.

O tema da entrevista é ¿Qué actividades poden decidir as persoas con discapacidade na vida cotidiana familiar?

Esperamos que vos resulte interesante. 

http://www.afundacion.org/es/socialia/noticia/que_actividades_pueden_decidir_las_personas_con_discapacidad_en_la_vida_cot

lunes, 5 de enero de 2015

abono anticipado deduccións IRPF discapacidade

Hoxe vos enlazamos o documento do BOE onde se regula a "solicitude do abono anticipado das deducións por familia
numerosa e persoas con discapacidade a cargo do IRPF"


Esperamos que vos sexa de utilidade. 

http://www.boe.es/boe/dias/2014/12/31/pdfs/BOE-A-2014-13675.pdf