miércoles, 30 de noviembre de 2016


Este sábado, 3 de Decembro,  ASPANEMI celebra o seu taller de pintura, unha vez máis.
Tódolos nenos e nenas que queiran vir gozarán, como en cada taller, con novas actividades e xogos. En cada taller intentamos sorprender os mais pequenos con cousas divertidas e orixinais para facer e ,nesta ocasión, non ía ser menos.  Neste obradoiro de pintura divertirémonos creando bonitos bolsos y carteiras de goma eva, ademais dunha actividade deportiva que realizaremos para garantir o desfrute de tódolos que se animen a vir.
Para finalizar o día, compartiremos unha rica merenda entre todos para recargala enerxías.
Non dubidedes en vir, imos divertirnos aprendendo e xogando.
 Esperámosvos  das  17:00h as  20:00h no Baixo do Local Social a Solaina, Nº 4, Santa Icía.

viernes, 25 de noviembre de 2016

Estimado amigo/a:

Dende ASPANEMI comprácenos invitarlles a asistir as xornadas informativas "ALGUNHAS REALIDADES DA DISCAPACIDADE", onde participaran varios poñentes que explicarán distintos puntos de vista sobre dita realidade. Dito acto terá lugar o sábado 17 de decembro no Centro de Día de Narón "Manuela Pérez Sequeiro" de 10:30 a 14:00h

Os esperamos, Un cordial saúdo

lunes, 7 de noviembre de 2016

Como xa vos anunciáramos, o pasado sábado día 5 celebramos o noso habitual taller de pintura.
Nesta ocasión os nenos e nenas que nos acompañaron realizaron uns botes de cores con sal e tiza e xogaron a facer figuras coa plastilina.
A parte xogamos a atrapa el paño, deixámosvos unhas fotos para que vexades un pouco o que fixeron os nenos e nenas que viñeron e para que os que non viñeron vos animedes a facelo.
Saúdos e que teñan unha boa semana.