jueves, 30 de marzo de 2017

OBRADOIRO DE PINTURA.


O vindeiro sábado 1 de abril levarase a cabo o obradoiro mensual de pintura da asociación AS.PA.NE.MI (Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía). Terá lugar no local 3 do Local Social da Solaina, en Narón, nun horario de 17:00 a 20:00 horas.
Os nenos que asistan poderán desfrutar de actividades totalmente lúdicas como son a elaboración de masa sensorial, a experimentación cunha mesa de luz, a realización de dinámicas de grupo e, por último, unha estupenda merenda.
Lembrar que esta sesión está dentro do programa de “Respiro familiar”; é dicir, que serve para dar un tempo libre a pais, nais e familiares dos nenos e nenas mentres que estes pasan un bo rato nun espazo plenamente inclusivo; posto que non están destinadas só ó colectivo no que se centra a nosa actividade.


miércoles, 29 de marzo de 2017













Bo aquí déixovos unhas fotos da viaxe que se realizou á neve este mes de marzo de 2017, para que podais ver o ben que o pasaron practicando esquí, xunto coas súas xornadas de convivencia e acuaterapia.
Este ano habeis sido moitos mais que o anterior o que habeis querido gozar desta esperiencia, esperemos que sigais asistindo por moitos anos mais.

lunes, 27 de marzo de 2017





O pasado venres 24 de Marzo de 2017, ASPANEMI estivo presente no congreso organizado en Palexco (A Coruña) pola Fundación Lo Que De Verdad Importa en colaboración coa Fundación Maria José Jove, onde nos dimos a coñecer con outras asociacións e particulares.
Moitas grazas pola oportunidade outorgada. Foi todo un placer.

miércoles, 8 de marzo de 2017





Boas tardes a todos e todas! Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasamos o pasado sábado día 4 de marzo na nosa festa de Entroido, na que fixemos un montón de fotos, xogamos con globos, bailamos e desfrutamos da merenda típica destas datas. Moitas grazas a todos os participantes! Esperámosvos para a próxima!