jueves, 6 de abril de 2017









No noso obradoiro de pais e nais do mes de abril 2017 celebrado onte tivemos o pracer de contar coa presenza de Teresa Sabio, concelleira de Promoción Social e Igualdade, que presentou diversos programas que están a levar a cabo dende o Concello de Narón; entre o que destaca "Coidando á coidadora". Este obradoiro céntrase na adquisición de habelencias básicas e reforzo psicolóxico para coidadoras non profesionais de persoas dependentes. Baséase nun modelo de atención psicolóxica que supón a intervención grupal e inclúe métodos, técnicas e pautas para axudar a superar o desgaste mental e as cargas emocionais que supón o seu labor (control do estrés, técnicas de relaxación, control da implicación emocional, mobilizacións, alimentación, etc.).Terá lugar os venres de 18:30 a 20:30 horas no centro Manuela Pérez Sequeiros. As instancias poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de 8:30 a 13:30 (solicitude + fotocopia DNI) ata cubrir as prazas. 
Moitas grazas. Boa tarde!
Ola boas tardes a todos, a Asociación West Galicia organiza unha xornadas "EPILEPSIA, UN MUNDO POR COÑECER", o proximo 22 de abril de 2017 de 16:00-20:00h en sala de conferencias Fundación Maria José jove. (Entrada Libre)
Porfavor difundamos.




lunes, 3 de abril de 2017

Ola a todos déixovos unhas fotitos doutra viaxe á neve que se fixo do 31 de marzo ao 2 de abril, socios de ASPANEMI, familiares e amigos volveron a felechosa para volver practicar esquí.






FOTOS OBRADOIRO DE PINTURA DO MES DE ABRIL 2017

Boas tardes a todos e todas! Aquí vos mostramos unha selección das fotos que tomamos no obradoiro de pintura do mes de abril celebrado o pasado sábado día 1 no local 3 do Local Social da Solaina; onde elaboramos masa sensorial (tamén chamado moco de gorila ou "blandiblú"), experimentamos cunha mesa de luz e realizamos unha técnica de autocoñecemento que tornou en facer debuxos-recordos para unha das nosas monitores; xa que foi o seu último obradoiro connosco. Votarémoste de menos, Bea!