lunes, 5 de junio de 2017

III Milla mariña atlética "Correr en compañía" 03.06.17





Din que "paso a paso faise o camiño" e en ASPANEMI tomámolo moi en conta. Por iso, o sábado dimos un moi grande cara a inclusión: corrimos na II Milla Mariña atlética "Correr en compañía", organizada polo colexio Compañía de María e a asociación Teima; e resultamos premiados pola deportividade amosada na proba. Moitas grazas por este recoñecemento, danos máis motivación para seguer correndo, andando ou rodando, pero sempre cara diante!

Resumo do obradoiro de pintura mes de xuño 2017




O pasado sábado 3 de xuño tivo lugar o noso obradoiro mensual de pintura; onde realizamos mosaicos e  figuras de papiroflexia, e, como traballamos moito en moi pouco, deunos tempo a facer globoflexia e a xogar un montón! Ós que viñéchedes e ós que non, esperámosvos no próximo!

viernes, 2 de junio de 2017

Obradoiro de pintura do mes de xuño 2017





AS.PA.NE.MI (Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía) celebra mañásábado 3 de xuño o obradoiro mensual de pintura de 17:00 a 20:00 horas  no local 3 do Local Social da Solaina, en Narón.

Desfrutaremos de actividades totalmente lúdicas baseadas na elaboración de diferentes manualidades aplicando a técnica dos mosaicos, así coma figuras sinxelas de papiroflexia. Logo, realizaremos diferentes dinámicas de grupo. Ó rematar, reporemos forzas merendando.

Lembrar que esta actividade está dentro do programa de “Respiro familiar”; é dicir, que serve para dar un tempo libre a pais, nais e familiares dos nenos e nenas mentres que estes pasan un bo rato nun espazo plenamente inclusivo; posto que non só se oferta ó colectivo no que se centra a nosa actividade, senón que está aberto a calquera neno e/ou nena que queira asistir.

jueves, 1 de junio de 2017

Encontro Municipal Interxeracional: 18 de xuño 2017



Bos días a todos e todas! O vindeiro domingo 18 de xuño terá lugar o Encontro Municipal Interxeracional, que, como cada ano, organiza o Concello de Narón e que nos sirve de punto de reunión con outras asociacións do concello. Desde o mesmo facilítase servizo de transporte. Pódese desfrutar de comida elaborada por un cátering (langostinos, callos, carne asada, proia, bebidas, café e chupito por 17 €/ adulto e 7€/nenxs) ou ben leva-la da casa. 

Dende a nosa asociación aportaremos unha exhibición de habilidades caninas e unha pequena clase de "agility" para cans, á cal podedes asistir cos vosos propios. 

Se queredes formar parte desta iniciativa (xa sexa o Encontro, a clase de "agility" ou ambas cousas) ou desexades amplia-la información podédevos por en contacto con ASPANEMI mediante mensaxe privado de Facebook, e-mail (aspanemi@gmail.com) ou teléfono(981946319). O prazo remata o 6 de xuño.